CovidContaContos: "Cocorico"
Continuamos coas nosas voluntarias de 6º curso. Hoxe son Alicia e Candela as que nos van contar a historia de "Cocorico".
Esperamos que vos guste!
CovidContaContos: "Las chicas pueden con todo"
Hoxe seguimos coas nosas colaboradoras de 5º curso do voluntariado de lectura que son Noa e Diana. Elas van ler sobre un libro sobre o estupendo que e ser unha nena e todas as cousas importantes que as rapazas e as mulleres poden aportar. Titúlase "Las chicas pueden con todo".
Agardamos que vos guste!
CovidContaContos: "El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa"
Continuamos cunha das nosas colaboradoras de 6º curso do voluntariado de lectura. Hoxe é Shaila quen nos vai contar a historia de "El niño que no quería ser azul y la niña que no quería ser rosa".
Agardamos que vos guste!
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Co motivo da celebración do Día Internacional da Muller dende os Equipos de Dinamización da Lingua e Bibliotecas Escolares proponemos a realización da seguinte actividade:
" A Muller máis importante para min é..."
Nestes vídeos podedes ver ao alumnado do centro explicando cales son para eles as mulleres máis importantes e o motivo polo que as consideren tan importantes.
Agardamos que vos gusten!
DÍA DE ROSALIA DE CASTRO
Co motivo da celebración do Día de Rosalía De Castro e do Día Internacional da Muller realizamos unha selección de contos e biografías de mulleres importantes que durante estas semanas se van a utilizar para realizar as actividades propostas para celebrar estas datas no noso colexio.O Meco Repepico manda...
Coma todos os cursos polo Entroido, Repepico, a mascota da biblioteca do cole, propúxonos traer ao cole algún accesorio ou disfraz cada día da semana. Como sempre, dende os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua realizamos unha selección de libros relacionados co Entroido para que todo o alumnado puidese gozar deles. Aquí vos deixasmos algunhas fotos deses días. Agardamos que vos gusten!
Celebración do Entroido Tradicional Galego
ACTIVIDADES DO DÍA DA PAZ
Dende os Equipos de Biblioteca e de Normalización Lingüística propuxemos a realización da actividade "O Tren da Paz" para que cada grupo investigase sobre como se pode construir unha convivencia pacífica. Para iso afondamos sobre os valores que contribúen a xerar un clima pacífico. Tamén investigamos sobre as contribucións das diferentes premiadas e premiados co Nobel da Paz.
Aquí podedes ver algúns dos nosos "Trens da Paz". Agardamos que vos gusten!
DIA DA PAZ 30 DE XANEIRO
O 30 de xaneiro celebramos o Día Internacional Da Paz. Nesta data conmemoramos o falecemento do líder pacifista de orixe india Mahatma Gandhi. que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte as inxustizas.
REPEPICO VIAXA POLOS 7 CAMIÑOS
Dende os Equipos de Dinamización da Lingua Galega e Bibliotecas Escolares vos propoñemos a realización dun conto viaxeiro co título “Repepico polos 7 Camiños”.
A mascota da nosa biblioteca, Repepico, vai a realizar unhas viaxes moi interesantes polas diferentes rutas do Camino de Santiago, nas que irá aprendendo moitas cousas interesantes coa axuda de cada grupo de alumnas e alumnos.
Repepico xa está preparado co seu sombreiro e bastón de pelegrín. E vós?
Xa estados preparados para viaxar con el e vivir interesantes aventuras?