O CAMIÑO DE SANTIAGO

Mostrando entradas con la etiqueta proxecto BE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto BE. Mostrar todas las entradas

23/3/24

PDI: OS XOGOS E VIDEOXOGOS

Como cada ano, dende o comezo de curso o Equipo de Biblioteca poñemos en marcha un novo proxecto xunto coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o de Actividades Complementarias e Extraescolares. Como ben sabedes, neste curso o noso PDI (Proxecto Documental de Centro) son os "XOGOS E VIDEOXOGOS"

Así dende o comezo de curso, cada titoría elixiu un xogo ou videoxogo para poder investigar diferentes aspectos do mesmo, como por exemplo: orixe, tipo de xogo, partes, números xogadores,  regras, variantes, curiosidades,...

Dende a nosa biblioteca seguimos apostando pola integración na vida do centro e polo traballo con diferentes tipos de textos, por iso, coa información recollida nas titorías sobre o PDI, propúxose o traballo do texto informativo plasmando nun cartel todo o que estudaron e aprenderon para poder mostrar a toda a comunidade educativa e co fin de enriquecernos todos e todas.

Se queredes ver como quedaron, podedes pasar pola nosa biblioteca, aquí unha mostra...














15/2/24

ENTROIDO DE XOGOS E VIDEOXOGOS

Continuando co estudo e traballo sobre "Os xogos e videoxogos clásicos" que estamos a levar a cabo neste curso, para celebrar o Entroido que mellor maneira de facelo que representar este tema.

Así foi como cada aula, ideou a forma de disfrazarse representando o xogo ou videoxogo que está a investigar, empregando para iso diferentes materiais e tamén coa axuda das familias.

Puidemos ver un gran desfile con xogos e videoxogos diferentes, tales como: oca, tetris, xadrez, super mario, dominó, barralla, futbolín, damas, parchís, pac man, serpes e esqueiras e o pin ball.

Tamén tivemos grandes bailes e música...


 

 


25/10/21

 ZARPAMOS!

Como cada comezo de curso, dende o Equipo de Biblioteca do centro poñemos en marcha un novo proxecto. Este ano será en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o de Actividades Complementarias e Extraescolares; ademais, o alumnado de 6º vai colaborar desenvolvendo un proxecto relacionado co xornalismo. 

Todas as actividades propostas a nivel de centro van estar relacionadas co mar e a navegación. Esta temática vólvese moi importante para nós polo contexto do noso centro e o seu propio nome: A Barquiña. Ademais, cada aula vai elaborar o seu propio "Caderno de bitácora", recollendo as tarefas nas que participen ao longo do curso. 

As primeiras actividades van ser: poñerlle a cada aula do centro o nome dunha embarcación e crear o noso monstro mariño, para o Samaín. 

Ao longo do curso, iránse desenvolvendo propostas que relacionen a navegación cos campos da literatura, a arte, coas expresións tradicionais, os oficios... E MOITO MÁIS!

Gustaríache navegar con nós nesta aventura mariña?








20/11/20


REPEPICO VIAXA POLOS 7 CAMIÑOS



Dende os Equipos de Dinamización da Lingua Galega e Bibliotecas Escolares vos propoñemos a realización dun conto viaxeiro co título “Repepico polos 7 Camiños”. 


A mascota da nosa biblioteca, Repepico, vai a realizar unhas viaxes moi interesantes polas diferentes rutas do Camino de Santiago, nas que irá aprendendo moitas cousas interesantes coa axuda de cada grupo de alumnas e alumnos. 


Repepico xa está preparado co seu sombreiro e bastón de pelegrín.  E vós?  

Xa estados preparados para viaxar con el e vivir interesantes aventuras?





 


 


 


6/11/20

Como en cada comenzo dun novo curso,  dende o Equipo de Biblioteca poñemos en marcha un novo proxecto. Este ano, co motivo da celebración do Ano Santo no 2021, o noso proxecto comprenderá unha investigación sobre O Camiño de Santiago co noso alumnado.

Para aprender moitas cousas interesantes sobre este tema, investigaremos sobre diferentes aspectos como por exemplo a súa orixe, os diferentes camiños, os pelegríns, os ritos, a simboloxía e arte relacionada co Camiño de Santiago. 

O alumnado do centro participará naquelas actividades que pronto poremos en marcha. Aquí tedes os diferentes aspectos que dende o Equipo da Biblioteca propoñemos para realizar unha traballo de investigación durante todo o curso escolar. 

Agardamos que vos guste a nosa proposta!

O Camiño de Santiago

                  
                        A orixe                          

                                          
  

Os diferentes camiños

                                  
               


                                     Simboloxía                                       

                                            

       

    Pelegríns

                        




Arte no Camiño









12/6/20

O experimento

Os sectilibros cada ano traen novas e emocionantes historias. Este curso trátase dunha narración a cargo dunha das nosas alumnas . Agora e en exclusiva podes descargar para disfrutar da súa lectura. 



8/12/19

O cómic. I

Como xa sabedes este curso o noso proxecto de biblioteca está centrado en catro tipoloxías textuais. Unha delas é o cómic e como non podía ser doutro xeito o equipo da biblioteca organizamos unha visita a mostra de cómic organizada polo Liceo de Noia.


Nesta primeira toma de contacto o noso alumnado contou coa axuda e guía para esta actividade con Alfonso Barreiro, "Fon" debuxante de cómic da nosa localidade autor de: "Troglo e Dita" e "Curuxa".




















FON fixo un percorrido connosco pola exposición explicándonos diversos aspectos da creación dun cómic e como se traballou no pasado e no presente nunha das series de animación máis coñecida de sempre: "Dragon Ball".



Finalmente o noso percorrido rematou  dándonos a coñecer autores e técnicas daqueles autores que expoñían parte da súa obra na sala:  Angel de la Calle, Akira Toriyama, Luis Dávila "O bicheiro" e Pablo Velarde.




Sen máis, darlle as gracias ao noso guía agardando poder organizar unha nova actividade xa na biblio do cole.

16/6/19

Guía Turística de Noia- PROXECTO A Nosa Ría

Como ben sabedes, este curso impulsamos un proxecto sobre a ría de Noia desde a nosa biblioteca.
Agora que xa queda pouco menos que unha semana para completar o curso 2018/2019, traemos a este blogue o resultado final: Unha guía turística de Noia.
Na elaboración participaron tódolos cursos do noso centro que coas súas achegas dou como resultado este interesante documento. Agardamos que vos guste moito e que o disfrutedes.

21/5/19

Radio Barquiña

Xa vai algún tempo desde que iniciamos as retrasmisións da nosa Radio escolar. Un interesante proxecto posto en marcha polo profesor de música que cada ano forma ao alumnado de 5º e 6º curso nas distintas tarefas necesarias para facer un programa de radio.
Si quederes escoitarnos este curso están a maioría dos programas na plataforma IVOOX.
Aquí deixamosvos un enlace para que pasedes un bo rato connosco.
Por certo, hai uns días subimos a entrevista que lle fixemos as persoas que nos acompañaron no cole na activiade dos Sancosmeiros.

20/5/19

Sancosmeiros no cole


O luns 13 de maio, dentro da semana das letras galegas e con motivo do noso proxecto sobre a ría de Noia, tivemos o privilexio da visita de  dúas artesáns de Sancosmeiros. Todos os cursos pasaron pola biblioteca para que lles ensinaran aos nenos/as do proceso e a elaboración desta prenda.
Mediante unha presentación de videos e o máis importante, as clases prácticas e vivencias destas dúas mestras na elaboración deste típico sombreiro, María de Leonardo e Manola das Tersas de Banzas, mostráronnos a súa arte.  Un proceso laborioso que parte de sementar e recollida do trigo, pasa pola escolla das pallas e ablandado ata a elaboración das trenzas e posterior cosido e forrado das partes do sombreiro.
Moitas graças por esta experiencia e por seguir con esta labor tan importante de non perder o tradicional, o noso patrimonio.












25/4/19

LECTURAS COMPARTIDAS


Outro ano máis, e como parte das actividades realizadas coa celebración do 23 de abril día do libro, voltamos a realizar a actividade dos apadrinamentos lectores.
Nesta actividade o alumnado dos cursos superiores convertíronse en padriños e madriñas por un día para compartir cos máis pequenos do cole un rato moi especial  léndolles un conto.
O alumnado dos cursos máis altos de E.P. busca un sitio na aula, no corredor, no patio,... para ler o conto que quiere compartir.



Non importaba onde, o importante era... estar a gusto e pasar un bo rato!
































Ademais houbo quen agasallou ós seus afillados e afilladas cuns maracapáxinas persoalizados, feitos con moito agarimo. Que contentos ficaram os máis cativos con tanta atención!!!!



Dar por seguro que esta actividade de animación á lectura repetirase para o vindeiro curso, xa que tanto maiores como pequenos quedaron encantados, uns pola responsabilidade adquirida e outros polos mimos recibidos.
Isto apreciase  nas súas caras todo emoción, nerviosismo, satisfacción e ledicia, ... Así que, lembrade   LER DACHE MAIS!!!