O CAMIÑO DE SANTIAGO

9/3/22

8M ENREDADAS

 Co gallo da conmemoración do 8M, e seguindo a lima da temática do noso PDI (o mar e as embarcacións), decidimos facer unha pequena homenaxe a todas as mulleres, membros das familias do alumnado que están vencelladas ao mar e á navegación.

Elas compartiron connosco as súas historias vitais: lembranzas pasadas e presentes, anécdotas, sentimentos e emocións… con diferentes fotos e vídeos que nos serviron para dar forma a "Enredadas", unha proposta co fin de dignificar as mulleres do mar.