Suxestións de lecturas para conmemorar o 8 de marzo, día da muller. No expositor da biblioteca podedes atopar unha selección de contos. Pasade e animádevos a velas.
Desexamos que vos gusten!!!
Suxestións de lecturas para conmemorar o 8 de marzo, día da muller. No expositor da biblioteca podedes atopar unha selección de contos. Pasade e animádevos a velas.
Desexamos que vos gusten!!!
8 DE MARZO- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
Grazas a colaboración das familias, cada titoría creou un cartel-composición coas mulleres importantes para os nenos e nenas, traballouse sobre o tema nas aulas e como homenaxe a todas esas mulleres, na biblioteca expuxemos todas as composicións.
Cada composición converteuse nun crebacabezas, para ilusión dos nenos e nenas que quedaron sorprendidos e cos que poderemos xogar unha e outra vez.
Ademais fixemos unha selección de libros relacionados co tema que se colocaron no expositor da biblio a disposición de toda a comunidade educativa.
Sigamos traballando e concienciando para que todos os días sexan o día da muller e acadar esa igualdade real de xénero.
Co gallo da conmemoración do 8M, e seguindo a lima da temática do noso PDI (o mar e as embarcacións), decidimos facer unha pequena homenaxe a todas as mulleres, membros das familias do alumnado que están vencelladas ao mar e á navegación.
Elas compartiron connosco as súas historias vitais: lembranzas pasadas e presentes, anécdotas, sentimentos e emocións… con diferentes fotos e vídeos que nos serviron para dar forma a "Enredadas", unha proposta co fin de dignificar as mulleres do mar.