O CAMIÑO DE SANTIAGO

22/6/23

Voluntariado na biblio


Este curso, Repepico tivo uns axudantes voluntarios marabillosos que axudaron a que a biblio do noso cole funcionara mellor.

Por iso, o pasado luns recibiron o diploma e un pequeno agasallo. 




Moitas gracias a todas e todos!

19/6/23

PLANTAMOS

Rematados os traballos de preparación do horto polo alumnado de 5º e 6º de primaria, os nenos/as de infantil encargáronse de plantar e regar para ver así a sementes xerminar.

Tivemos algunha axuda...

 

 

 



Como crecen estas sementes!!











15/6/23

SEGUIMOS CO NOSO HORTO

Logo do traballo realizado polos compis de 3º e 4º, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria estiveron preparando o terreo para poder plantar.

En primeiro lugar tiveron que sachar a terra e sacar algunhas raíces. 









Logo botáronlle abono e colocaron unha tea para evitar a saída de "malas herbas".




Finalmente colocaron unhas táboas para delimitar ben o terreo a plantar.



Agora só falta vir plantar as sementes.