O CAMIÑO DE SANTIAGO

Mostrando entradas con la etiqueta curso 2022/23. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2022/23. Mostrar todas las entradas

7/2/23

DÍA DA PAZ

 Para conmemorar o día da paz e a non violencia, Repepico recomendounos estas lecturas:










Ademais, os alumnos e alumnas de sexto deleitaron ao resto do cole cun recital de poesía no que lanzaron mensaxes claras cara o fin das guerras e o alzamento pola paz.
Foi un recital multilingüístico no que gozamos de poemas en galego, castelán, inglés e ucraíno.



Aproveitando que temos refuxiados de Ucraína no cole, dúas nais viñeron a contarnos de primeira man como están vivindo o conflicto a súa familia. Foi moi emotivo.

Unha experiencia para repetir!


7/12/22

CIENCIA NA BIBLIO

 Novembro foi o mes da ciencia, e na biblio de Repepico quixemos celebralo organizando uns talleres de experimentos que non puideron ter máis éxito entre grandes e pequenos.

Deixamos por aqui a proba con estas fotiños:

















24/11/22

Deixando pegada contra a violencia de xénero

 Mañá chega un ano máis o 25N, e Repepico deixounos para esta semana unha serie de lecturas recomendadas que fomos traballando nas distintas aulas.




Ademais, complementaremos este traballo cunha andaina solidaria polas proximidades do cole, sempre que o tempo o permita, á que poderán asistir as familias.



7/11/22

Taller de Lettering

 O venres pasado comezamos coas actividades dinamizadoras da biblioteca, e que mellor que cun taller de LETTERING!! 3 alumnas de 6º foron as expertas, encargadas de darlles técnicas ao resto de alumnado asistente. Non nos chegou a nada a media horiña do recreo.

A acollida foi xenial e xa nos pediron unha segunda convocatoria :)


Deixámosvos con algunhas fotos:











21/10/22

Nova rede social e apertura polas tardes

Arrancamos novo curso na biblio de Repepico.
Este ano a nosa mascota animouse a facer un perfil de Instagram onde imos colgando todas as nosas novidades para informar á comunidade educativa.


Ademais, co inicio do mes de outubro, comezou tamén a estar dispoñible a biblio en horario de tarde, para que pais e alumnos nos visitedes. Todos os días de luns a venres, agás os martes, de 16:30 a 18:30.

Agardamos que tivésedes todos un bo inicio de curso. Nós xa temos posta a vista no Samaín... seguiremos informando.