O CAMIÑO DE SANTIAGO

1/5/26

Visita e Obradoiros con ilustradores como Óscar Villán e autoras de libros como Érica Esmorís.

 

Durante o mes de abril tivemos na biblio do centro a visita de dous personaxes emblemáticos do mundo dos libros infantil e xuvenil; Óscar Villán que veu a levar a cabo un obradoiro de ilustración co alumnado do 2º ciclo de educación primaria.



Érica Esmorís visitou a nosa biblioteca e ao alumnado de 1º ciclo do noso centro para falar sobre o libro "Analfabeta", libro que leu este alumnado. Tiveron a oportunidade de facerlle preguntas sobre o libro que leran e finalmente adicoulle o libro a cada neno/a . 


Grazas aos dous pola vosa visita!


Un Abril De Libro.

 

Durante este mes de Abril foron numerosas as actividades que tiveron lugar no noso centro con motivo da Conmemoración do Día do Libro (23 de abril).

Comezamos cunha actividade de compartir "Caixas Lectoras" nas que cada alumno/a trouxo unha caixa decorada con motivos referentes ao libro que tiñan dentro. Estas caixas estiveron expostas en diferentes espazos de lectura do centro e durante a hora de ler cada neno/a collía aquela caixa que máis lle chamaba a atención según a temática que estaba decorada para ler o libro.

Tamén o profesorado do centro decorou a súa caixa e levouse a cabo un concurso para adiviñar que libro contiña cada caixa. A gañadora do concurso foi a profe Noelia. Parabéns!




O día do libro fixemos o apadriñamento lector, onde nenos e nenas de cursos superiores lle leron un libro aos nenos e nenas dos cursos máis baixos. Foi un momento de lecturas compartidas moi emocionante.