Mostrando entradas con la etiqueta curso 2019/2020. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2019/2020. Mostrar todas las entradas
12/6/20
O experimento
Os sectilibros cada ano traen novas e emocionantes historias. Este curso trátase dunha narración a cargo dunha das nosas alumnas . Agora e en exclusiva podes descargar para disfrutar da súa lectura.
3/6/20
Resultados dos SEXTILIBROS.
LOGO DE APLICADAS AS PORCENTAXES DO 40% AOS VOTOS DO ALUMNADO DO CENTRO, DO IES, DO PROFESORADO E O 60% AOS MEMBROS DO XURADO, A APRETADA PUNTUACIÓN QUE ACADAN OS SEXTILIBROS INDIVIDUALMENTE, É A SEGUINTE:
1º- O Experimento 9,264
2º- A Mudanza 9,25
3º- Batería Baixa 7,411
4º- A Vida de Carolina 7,387
5º- Evelyn 5,935
6º- Desilusións da Vida 4,483
7º- O cruceiro 4,072
8º- Nunca deixes de Bailar 4,048
9º- A desaparición de Bigotitos 3,322
10º- O Tesouro do Terror 2,548
11º- Aventura en Batín Can 2,233
12º- O Rally de Noia 2,209
13ª- O pobo 1,846
14ª- O Coitelo Traizoeiro 0,37
18/5/20
Sextilibros arquivo descargable e folla de votación.
Neste post poñemos a rosa disposición o arquivo PDF con todos os relatos, para que os descárgueles si vos parece interesante.
Así mesmo aquí tedes a posibilidade de descargar a páxina para votar o que máis vos guste ata o 31 de maio 2020
Así mesmo aquí tedes a posibilidade de descargar a páxina para votar o que máis vos guste ata o 31 de maio 2020
13/5/20
Semana das letras galegas. Ricardo Carvalho Calero
Este semana celébrase a semana das letras galegas. Neste ano 2020 adicadas a Ricardo Carvalho Calero.
Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol en 1910 e faleceu en 1990 en Santiago de Compostela. Sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.
Aquí podedes atopar máis información sobre este destacado persoaxe da nosa cultura.
Día do libro na CEIP P. Alexandre R. Cadarso
Nestes días tan extranos, realizamos este video desde o equipo da biblioteca para celebrar esta data.
Agardamos que vos guste
5/3/20
Talleres de Entroido
3/2/20
Charla sobre Reciclaxe
19/1/20
Contacontos “Príncipas e Princesos”
O día 14 deste mes tivemos na biblioteca un contacontos sobre a Igualdade. Tratábase de “Príncipas e Princesos” de Os Contos de Pablísimo.
“¡Faise saber que se buscan príncipes rosas... e princesas azuis! ¡Faise saber que ides escoitar contos de valentes princesas enfrontándose a dragóns e de Príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro!”.
A través de diferentes contos e historias atípicos e moi divertidos, vánse desmontando diversos estereotipos e roles de xénero e fáisenos reflexionar sobre a igualdade.
Neste caso, os asistentes foron os nenos e as nenas de Infantil.
Saúdos,
O Equipo de Biblioteca.
16/1/20
Contacontos en Inglés
O día 10 deste mes tivemos, na nosa biblioteca, dous contacontos en inglés moi divertidos.
Os nenos e as nenas de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria, acompañaron a Milly, a serea, nas súas aventuras no fondo do mar.
Contámosvos un pouco:
O que máis desexaba Milly... eran unhas pernas. Ao máis estilo do clásico conto de Andersen. Unhas pernas para andar, correr, bailar e o mellor de todo: para xogar ao fútbol! Pero un non sabe o que ten ata que o perde e cando Milly consegue as pernas, grazas á Raíña do Mar, dase conta do que de verdade importa e de que as sereas sempre van pertencer ao mar porque esa é a súa natureza.
Os nenos e as nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria, acompañaron a Meg, unha nena que sempre soñou con traballar nun circo.
Contámosvos un pouco:
Meg sempre soñou con ser artista e traballar nun circo, como fixera o seu avó. Cando o circo nacional visita a súa vila cre que os seus soños poden convertirse en realidade.
Neste contacontos vemos a Meg a preparar o seu número e coñecemos o mundo do circo, cheo de cores, aplausos e aventuras disparatadas.
Pero, cando a nena descobre a realidade destes espectáculos, replantéxase se é ao que se quere dedicar o resto da súa vida e se eses animais merecen estar engaiolados ou teñen dereito a desfrutar da súa liberdade.
Saúdos,
O Equipo de Biblioteca.
14/1/20
Talleres de Nadal
Aí vos van os talleres que fixemos a semana antes de marchar de vacacións de Nadal.
Contamos coa axuda dos nenos e das nenas máis maiores do cole para que nos axudasen a levalos a cabo. Fixérono de marabilla e crearon adornos tan bonitos como os que vedes nas fotos.
![]() |
| Eses días tivemos moita afluencia na biblioteca. |
![]() |
| Quedou unha árbore moi bonita. |
![]() |
| Vaia estrelas! |
Esperamos que vos guste.
Saúdos,
O Equipo de Biblioteca.
20/12/19
8/12/19
O cómic. I
Como xa sabedes este curso o noso proxecto de biblioteca está centrado en catro tipoloxías textuais. Unha delas é o cómic e como non podía ser doutro xeito o equipo da biblioteca organizamos unha visita a mostra de cómic organizada polo Liceo de Noia.
Nesta primeira toma de contacto o noso alumnado contou coa axuda e guía para esta actividade con Alfonso Barreiro, "Fon" debuxante de cómic da nosa localidade autor de: "Troglo e Dita" e "Curuxa".

FON fixo un percorrido connosco pola exposición explicándonos diversos aspectos da creación dun cómic e como se traballou no pasado e no presente nunha das series de animación máis coñecida de sempre: "Dragon Ball".
Finalmente o noso percorrido rematou dándonos a coñecer autores e técnicas daqueles autores que expoñían parte da súa obra na sala: Angel de la Calle, Akira Toriyama, Luis Dávila "O bicheiro" e Pablo Velarde.
Sen máis, darlle as gracias ao noso guía agardando poder organizar unha nova actividade xa na biblio do cole.

25/11/19
25 de Novembro. Repepico recomenda.
Fai uns días a nosa biblioteca puxo a disposición dos nosos usuarios unha escolma de libros para
traballar pola NON VIOLENCIA de xénero e IGUALDADE.
Así mesmo na entrada da biblioteca, situamos unha proposta de actividade na que, aqueles que quixeran aportasen opinións, debuxos, solucións, etc para tratar de concienciar da importancia deste tema.

Agardamos que vos gusten estas novas aportacións.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)