O CAMIÑO DE SANTIAGO

22/5/19

Continuamos coas nosas recomendacións lectoras neste caso é o alumnado de segundo que fai as súas achegas. Un saúdo de Repepico.

21/5/19

Radio Barquiña

Xa vai algún tempo desde que iniciamos as retrasmisións da nosa Radio escolar. Un interesante proxecto posto en marcha polo profesor de música que cada ano forma ao alumnado de 5º e 6º curso nas distintas tarefas necesarias para facer un programa de radio.
Si quederes escoitarnos este curso están a maioría dos programas na plataforma IVOOX.
Aquí deixamosvos un enlace para que pasedes un bo rato connosco.
Por certo, hai uns días subimos a entrevista que lle fixemos as persoas que nos acompañaron no cole na activiade dos Sancosmeiros.

20/5/19

Sancosmeiros no cole


O luns 13 de maio, dentro da semana das letras galegas e con motivo do noso proxecto sobre a ría de Noia, tivemos o privilexio da visita de  dúas artesáns de Sancosmeiros. Todos os cursos pasaron pola biblioteca para que lles ensinaran aos nenos/as do proceso e a elaboración desta prenda.
Mediante unha presentación de videos e o máis importante, as clases prácticas e vivencias destas dúas mestras na elaboración deste típico sombreiro, María de Leonardo e Manola das Tersas de Banzas, mostráronnos a súa arte.  Un proceso laborioso que parte de sementar e recollida do trigo, pasa pola escolla das pallas e ablandado ata a elaboración das trenzas e posterior cosido e forrado das partes do sombreiro.
Moitas graças por esta experiencia e por seguir con esta labor tan importante de non perder o tradicional, o noso patrimonio.












16/5/19

Día das letras Galegas

Para conmemorar o día das letras galegas, habilitamos na nosa biblioteca un recuncho adicado aos autores galegos aos que se lle adicou este día.

 

AsÍ mesmo estamos preparando un pequeno diccionario daquelas palabras galegas que xa case están esquencidas a modo do traballo que fixo Antón Fraguas; autor, mestre e historiador da cultura galega. Si queres coñecer máis sobre a súa vida e otra podes visitar esta páxina web.


5/5/19

Unha nova recomendación lectora

Nesta ocasión o alumnado de sexto curso recoméndanos dous interesantes libros.

 A vindeira semana novos protagonistas e mellores libros si cabe.