Celebramos o 30 de xaneiro confeccionando entre todo o alumnado do centro unha capa da paz. Partimos da lectura do conto "El abrigo de Pupa" e elaboramos os nosos retáis con imaxes e palabras que nos transmitiran paz. Unha vez que tivemos todos feitos fomos a biblioteca por cursos a coselos para formar esta fantástica capa.
3/2/25
23/1/25
SUXESTIÓNS DE LECTURA POLO DÍA DA PAZ
Repepico fixo unhas suxestións de lecturas para o día da paz, pasade pola biblioteca para velas.
Desexamos que gusten!!
5/2/24
DÍA DA PAZ
O pasado martes 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz con diferentes actividades.
Primeiro todas as titorías traballaron previamente nas aulas este tema tan importante, e co lema de "Unha infancia perdida nun mundo de guerra" creouse un dorsal individual plasmando as nosas mans e simbolizando a sangue. Portando os dorsais, que representaban a nosa repulsa a todas as formas de violencia sobre todo aquelas nas que o sufrimento dunha guerra pasa a ocupar o lugar da infancia, fixemos a andaina pola contorna na que as familias tamén participaron.
Todo o alumnado e profesorado, levou o seu dorsal á biblioteca para completar nun mural co símbolo da paz, representando así a nosa mensaxe.
Despois do recreo, o alumando de primaria foi á biblioteca para escoitar o conto "¿qué haces con un problema?" que serviu para introducir á presentación da Mediación escolar no centro.
3/2/24
CONTINUAMOS OUTRA SEMANA DE TALLER
Continuamos outra semana co taller de hama beads na biblioteca.
Durante a hora do recreo, os nenos/as que non puideron participar na primeira semana, fixérono nesta e continuaron con moitas ganas e sen parar, para construír o seu símbolo da Paz.
Aquí algunha mostra máis do traballo feito.
29/1/24
TALLER DE HAMA BEADS
Para incentivar a biblio creativa e moi relacionado coa conmemoración do día da paz, dende a biblioteca propuxemos un taller de hama beads.
Tiñan que ser capaces de construír o símbolo da paz no tempo do recreo,... moi concentrados/as traballaron para conseguilo.
Así de contentas luciron as súas obras!
E resultou todo un éxito, cubriron todos os postos na primeira semana, así que...propuxemos outra semana de taller!
24/1/24
RECOMENDACIÓNS POLO DÍA DA PAZ
Xa tedes a vosa disposición na nosa biblioteca, unha selección de libros que fixo Repepico para o día da paz. Esperamos que gusten!!















