O CAMIÑO DE SANTIAGO

15/12/11

NADAL 2011

Olaaaaaaaaaa, que guapo estou de papá Noel !!!
Bo Nadal amiguiños e amiguiñas. 
O día 21, na miña Biblioteca (bueno, bueno...na de todos/as) digo miña porque vivo nela claro...pois como dicía o día 21, festa rachada, teatro dos nenos e nenas de 4º, programa especial de radio, (é especial porque en Nadal sempre se fai na Biblioteca), baile discotequero..en fin...impresionante, xa veredes!!!

E agora teño que poñerme maís formal para dicirlle aos vosos papás cal é o Decálogo dun bo lector, animádeos a que o lean, é moi moi importante...



DECÁLOGO PARA UNHA FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA

1. ANIMA á lectura incluso antes de que o
neno-a aprenda a ler.

2. CONTA contos aos nenos e nenas, recitalles rimas e poesías en
voz alta

2. LE libros, periódicos, revistas... para dar
exemplo .

4. ACOMPAÑA aos teus fillos-as a visitar exposicións, asiste a
funcións de títeres, teatro e outros espectáculos culturais

5. COMPARTE e comenta as lecturas.

6. DESFRUTA acompañando os teus fillos- as a lugares onde hai
libros: librerías, bibliotecas …Anímaos a acudir a biblioteca do
colexio e do pobo.

7. COIDA a biblioteca familiar e dedica un espazo para os libros


8. APRECIA e le con eles as publicacións
que se fagan no colexio.

9. LEMBRA que a compra dun libro non é nada
excepcional e que en datas sinaladas, non deben
de faltar. Considera o prezo dun libro como parte
da inversión na educación dos teus fillos-as.

10. VALORA ademais da lectura a importancia de compartir
programas de TV, películas, xogos ...Non te obsesiones con que
lean por riba de todas as cousas

BIBLIOTECA CEIP A. RODRÍGUEZ CADARSO A partir dunha idea do (Ceip Chano Piñeiro)