O CAMIÑO DE SANTIAGO

18/2/21

 O Meco Repepico manda...

Coma todos os cursos polo Entroido, Repepico, a mascota da biblioteca do cole, propúxonos traer ao cole algún accesorio ou disfraz cada día da semana. Como sempre, dende os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua realizamos unha selección de libros relacionados co Entroido para que todo o alumnado puidese gozar deles. Aquí vos deixasmos algunhas fotos deses días. Agardamos que vos gusten!























 Celebración do Entroido Tradicional Galego

Este ano quixemos homenaxear e revindicar a riqueza cultural que temos en Galicia. O noso alumnado coñeceu nas aulas diferentes formas de celebrar o Entroido no noso territorio. 

O venres de Entroido representamos algúns dos personaxes máis coñecidos do Entroido Tradicional Galego: os Peliqueiros de Laza, as Pantallas de Xinzo, as Madamas e Galáns, os Boteiros de Viana do Bolo, o Felo de Maceda, os Cigarróns de Verín, os Volantes e os Xenerais da Ulla,.

Agardamos que gocedes coas nosas fotos tanto como nos o fijemos realizando os disfraces no cole!



































2/2/21

 ACTIVIDADES DO DÍA DA PAZ


Dende os Equipos de Biblioteca e de Normalización Lingüística propuxemos a realización da actividade "O Tren da Paz" para que cada grupo investigase sobre como se pode construir unha convivencia pacífica. Para iso afondamos sobre os valores que contribúen a xerar un clima pacífico. Tamén investigamos sobre as contribucións das diferentes premiadas e premiados co Nobel da Paz. 


Aquí podedes ver algúns dos nosos "Trens da Paz". Agardamos que vos gusten!