O CAMIÑO DE SANTIAGO

24/2/22

23 de febreiro - Sementando Pensamentos

A flor preferida de Rosalía eran os pensamentos, como estes teñen 5 pétalos, cada alumno escribiu nun un verso dalgún poema, unha idea da autora que lle gustou especialmente ou considerou relevante, etc. e foron colocando os pétalos arredor do seu rostro.

Así conmemoramos no centro o día de Rosalía.

Os alumnos de infantil B tamén recitaron o seu poema máis popular na radio do cole.

Deixámosvos por aqui algunhas fotos e o Podcast en iVoox: https://www.ivoox.com/infantil-b-recita-a-rosalia-audios-mp3_rf_82559114_1.html








8/2/22

NOVIDADES

Nas estanterías da entrada da Biblio tedes un montón de novidades fresquiñas para deleitarvos nas vosas lecturas. 

Atoparedes libros de ciencias, cómics, e lecturas para todas as idades.

Repepico agarda que vos pasedes a velas.





2/2/22

UNHA MAREA DE PAZ

 O pasado venres 28 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz; para a ocasión, desenvolvemos nas aulas diversas actividades que conmemoran este aspecto tan fundamental para a vida en sociedade.

Ademais, continuando co proxecto do centro, sobre a navegación, organizamos un pequeno proxecto para todo o centro. Todo comezou coa lectura nas aula co libro O Increible barco do Capitán Marco, que nos ensinou dúas cousas fundamentais: a importancia de valorar todo o bo e como facer barquiños de papel!

A partir de aquí, cada alumno e alumna do centro, elaborou o seu propio barco de papel, empregando folios de cores. Cada un de nós poido decoralo como el ou ela quixo e escribir nel o seu mensaxe de paz. 

Ademais de todo isto, dende a Biblioteca tamén nos regalaron moitas recomendación lectoras de libros relacionados con esta temática; e o profe de Música compuxo unha canción sobre o conto. 

O venres 28, cada grupo foi á biblio cantar a canción que aprendemos e deixar colgado o seu barquiño coa mensaxe de paz. Entre todos construímos unha colorida MAREA DE PAZ.