O CAMIÑO DE SANTIAGO

12/3/19

8 de marzo día da muller / Rosalía de Castro

Co motivo do día da muller, a nosa biblioteca dispuxo un panel titulado: E TI QUE LLE DIRÍAS?
A proposta desta actividade que combina a celebración do día de Rosalía de Castro co día da muller polo 8 de marzo. A actividade consistía en que cada neno escribise unhas palabras, unha mensaxe ou unha breve poesía á muller máis importante da súa vida...motivos non faltan.

+




.

6/3/19

Talleres con REPEPICO na biblio: Entroido 2019

Acabamos de publicar o primeiro taller que fixemos e, para darlle continuidade a esa primeira achega, aquí vai a segunda: O taller de máscaras de Entroido.
Nesta ocasión a proposta xurde, como non, no contexto do Entroido tradicional en Galicia. Preparamos unha máscara das máis coñecidas en Galicia: Os Peliqueiros de Laza.
O alumnado fixo a súa propia interpretación destas características máscaras.



Estas son as nosas versións. Incrible o chulas que nos quedaron



Si quederes, na nosa biblio podedes consultar "É tempo de Entroido". Edit. Xerais.

Talleres con REPEPICO na biblio: Nadal 2018

Este curso puxemos en marcha unha serie de talleres coordinados desde o equipo da biblioteca que terán lugar en diferentes momentos do curso.  Basicamente consisten en facilitar o uso dos espazos e tempos precisos para fomentar o achegamento lúdico do alumnado á biblioteca. Para facelo, o alumnado coloborador da biblioteca organiza equipos dos nenos/as interesados en participar na activiade. Neless proporanse diversas actividades que ben poden ser: manualidades; animación a lectura, recitados, lecturas compartidas, etc... Polo Nadal comezamos coa seguinte proposta:

adornos / agasallos de Nadal