O 30 de xaneiro celebramos o Día Internacional Da Paz. Nesta data conmemoramos o falecemento do líder pacifista de orixe india Mahatma Gandhi. que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte as inxustizas.
Dende os Equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística presentámosvos unha selección de lecturas para reflexionar sobre actitudes positivas, capaces de transformar a nosa contorna e construír un mundo más pacífico entre todas e todos. A lectura pode ser a inspiración necesaria para crear espazos de convivencia onde todos teñamos cabida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario