Na biblioteca creamos unha instalación artística sobre o espazo e desfrutamos: tocando, sentindo, manipulando, experimentando, construíndo e xogando moito!!
13/6/25
26/5/25
TALLER ARXILA
Dende a biblioteca organizamos diferentes talleres de arxila.
O alumnado podía anotarse para participar de forma voluntaria e durante varias sesións na hora do recreo, levouse a cabo durante 3 semanas nas que se organizaron por grupos de idade e nivel e tivo moita participación.
25/4/25
SEMANA DE XOGOS
Continuamos coas semanas de xogos, e desta vez tocou... ZE MIRROR images, un xogo de reflexos perfecto, onde todo se transforma e as imaxes aparecen como por arte de maxia.
31/3/25
17/3/25
SEMANA DA PRENSA
Para conmemorar a semana da prensa, entre varias aulas do centro elaboramos o noso propio telexornal. Aquí deixámosvos o enlace para que poidades velo.
13/3/25
TALLER DE COSTURA
Esta semana realizamos un taller de costura na biblioteca para todo o alumnado do centro. Por turnos fomos ata a biblioteca para coser en fieltro e posteriromente rechealo, unha estrela ou unha lúa convertíndoo así nun chaveiro, colgante, ...
O alumnado estivo acompañado dunha especialista do tema e do seu profesorado, que previamente asistiu a unha formación para poder guialos e axudalos na actividade.
Quedaron chulísimos e xa somos uns expertos costureir@s!!!!!
6/3/25
20/2/25
13/2/25
RETO DE REPEPICO
3/2/25
DÍA DA PAZ
Celebramos o 30 de xaneiro confeccionando entre todo o alumnado do centro unha capa da paz. Partimos da lectura do conto "El abrigo de Pupa" e elaboramos os nosos retáis con imaxes e palabras que nos transmitiran paz. Unha vez que tivemos todos feitos fomos a biblioteca por cursos a coselos para formar esta fantástica capa.
25/11/24
TALLER DE LEGO
Retomamos o taller de lego!!!
O curso pasado intentamos montar o mapa do mundo con máis de 11000 pezas, pero o remate do curso impediuno, este curso poderemos conseguilo??
Todos os días na hora do recreo e na biblioteca, estará a disposición do alumnado que se anote e queira participar neste taller.
UN UNIVERSO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Despois do traballo sobre o tema da non violencia nas aulas e relacionando co noso PDI, dende as titorías creáronse os planetas e un satélite imaxinados que puideran desfacer a violencia de xénero.
Para conmemorar o 25N, fíxose unha exposición na biblioteca recreando un universo contra a violencia de xénero.
Por grupos, visitamos a exposición e reflexionamos!
21/11/24
CIENCIA NA BIBLIO
Algúns dos nosos/as voluntarios/as fixeron un traballo de estudo e investigación para preparar un día de ciencia na nosa biblioteca.
Prepararon un cartel para anunciar e convidar a todos/as...
O día 21 na hora do recreo, estaban preparados/as para explicar o seu traballo e expoñer os experimentos como bos científicos/as, ante un público moi participativo.
19/6/24
AGASALLOS DE REPEPICO!!
Para rematar cos retos de Repepico...
Os nenos/as que participaron en tres ou máis retos dos oito que propuxo Repepico durante este curso, tiveron un agasallo: un pequeno xogo para poder desenvolver o seu inxenio e lóxica.
1/6/24
DERRADEIRO RETO DE REPEPICO!!!!
Neste mes de Maio apareceu o derradeiro reto de Repepico.
E como última proposta, Repepico convidounos a coñecer, empregar e construír cos Gigi Blocks!!
A nosa biblioteca segue apostando pola creatividade, a manipulación, experimentación,... e que mellor forma de facelo.... mercamos un novo material que espertou moita curiosidade e resultou moi moi atractivo para todo alumnado.
Dende os máis pequenos ata os maiores do colexio, non pararon de facer construcións, aquí algúns exemplos...
24/5/24
TALLER DE CHAPAS
Comezou o taller de chapas!!
Durante dúas semanas na hora do recreo os nenos/as que voluntariamente se anotaron, foron á biblioteca para crear a súa chapa cunha palabra en Galego.
O taller tivo un gran éxito e crearon unhas chapas con palabras en galego bonitas, significativas, divertidas, raras,.... pero sobre todo moi creativas. E así de guap@s luciron!!
30/4/24
SÉTIMO RETO... MES DO LIBRO
No mes de Abril apareceu o sétimo reto de Repepico.
E como era o mes adicada ó libro, Repepico propuxo un reto para formar parte dos nosos libros...
O noso alumnado ten moita imaxinación, ideas e creatividade... e grazas tamén a axuda das familias conseguimos superar o reto!!
Con todas as novas imaxes de libros creadas, fixemos un vídeo que podedes ver aquí
11/4/24
TALLER DE LEGO
Novo taller na nosa biblioteca...
O venres 5 de abril, comezou o taller de creación de lego.
Entre todos e todas imos tentar montar o mapa do mundo con máis de 11000 pezas antes de que remate o curso.
Todos os días na hora do recrero e na biblioteca do cole estará a disposición do alumnado que se anote e queira participar neste taller.
Aquí unha mostra da acción...
Os voluntarios/as sempre colaborando e axudando nas actividades que se propoñen!!
Seguro que entre todos/as o conseguimos!!!
23/3/24
PDI: OS XOGOS E VIDEOXOGOS
Como cada ano, dende o comezo de curso o Equipo de Biblioteca poñemos en marcha un novo proxecto xunto coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o de Actividades Complementarias e Extraescolares. Como ben sabedes, neste curso o noso PDI (Proxecto Documental de Centro) son os "XOGOS E VIDEOXOGOS"
Así dende o comezo de curso, cada titoría elixiu un xogo ou videoxogo para poder investigar diferentes aspectos do mesmo, como por exemplo: orixe, tipo de xogo, partes, números xogadores, regras, variantes, curiosidades,...
Dende a nosa biblioteca seguimos apostando pola integración na vida do centro e polo traballo con diferentes tipos de textos, por iso, coa información recollida nas titorías sobre o PDI, propúxose o traballo do texto informativo plasmando nun cartel todo o que estudaron e aprenderon para poder mostrar a toda a comunidade educativa e co fin de enriquecernos todos e todas.
Se queredes ver como quedaron, podedes pasar pola nosa biblioteca, aquí unha mostra...










































