O CAMIÑO DE SANTIAGO

Mostrando entradas con la etiqueta 25N. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 25N. Mostrar todas las entradas

25/11/24

UN UNIVERSO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Despois do traballo sobre o tema da non violencia nas aulas e relacionando co noso PDI, dende as titorías creáronse os planetas e un satélite imaxinados que puideran desfacer a violencia de xénero.

Para conmemorar o 25N, fíxose unha exposición na biblioteca recreando un universo contra a violencia de xénero.

Por grupos, visitamos a exposición e reflexionamos!





18/11/24

SUXESTIÓNS DE LECTURA PARA O 25-N

REPEPICO, deixou na nosa biblioteca unhas suxestións de lecturas para traballar o 25 de Novembro, día contra a violencia de xénero.

Están a disposición de toda a comunidade educativa no moble expositor da entrada da nosa biblio e podedes velos aquí...




27/11/23

25 N - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Repepico fai unha recopilación de RECOMENDACIÓNS LECTORAS da nosa biblioteca para o día 25 de Novembro, con motivo da celebración do día da non violencia de xénero.

De esta escolma de libros, cada aula elixiu un e ilustrou as ideas contra a violencia de xénero poñendo cor. Podedes pasar pola biblioteca para ver o resultado da exposición. Aquí a mostra...

 

 

 

 

 

 



24/11/22

Deixando pegada contra a violencia de xénero

 Mañá chega un ano máis o 25N, e Repepico deixounos para esta semana unha serie de lecturas recomendadas que fomos traballando nas distintas aulas.




Ademais, complementaremos este traballo cunha andaina solidaria polas proximidades do cole, sempre que o tempo o permita, á que poderán asistir as familias.



20/11/20



25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende o Equipo de Biblioteca queremos compartir unha serie de contos que tratan desde diferentes perspectivas a igualdade de xénero. Neste curso a exposición de libros estará situada no vestíbulo do colexio e cada titoría pode escoller aqueles contos que lle resulten máis interesantes, si ben están clasificados por idades nos estantes do noso expositor. 

Tamén compartimos diferentes vídeos sobre estes contos para a súa visualización na aula, xa que este curso sabedes que debemos manter as medidas de seguridade tamén nos días de celebración e conmemoración.

Esperamos que vos resulten interesantes e divertidos, e que a celebración desta data especial non se limite ao 25 de novembro porque a coeducación e o bo trato son tarefas para todos os días do ano!




ARTURO Y CLEMENTINA
Adela Turín
Conta a historia de dúas tartarugas que se namoran. Ao principio, todo vai ben pero Arturo enfádase se Clementina sae de casa e vaina cargando de toda clase de obxectos inútiles... Clementina séntese pequena e infeliz. Poderá escapar desta situación cunha cuncha tan cargada?



ROSA CARAMELO.
Adela Turín
No país dos elefantes ás elefantitas téñenas nun corralito, vestidas de encaixes, comendo peonías e moi aburridas mentres os elefantitos gozan xogando no xardín... pero a unha delas non se lle dá nada ben iso de ser elefanta.
Aquí podedes gozar do conto.


O PAÍS DOS MANDONS
No país dos mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra da casa. O cambio desas normas tan inxustas para crear un novo país da igualdade conmemórase o Día Internacional das Mulleres.



EL PRÍNCIPE CENICIENTO
Unha revisión do conto de Cincenta onde cambian os roles. Un conto para poñer aos nenos noutro tipo de papeis.


Hai sen dúbida moitos contos máis para abordar este tema, nós poñémosvos unha pequena selección. Algúns están na biblioteca e os que non están chegarán pronto.



Un saúdo de Repepico ! ! !



25/11/19

25 de Novembro. Repepico recomenda.

Fai uns días a nosa biblioteca puxo a disposición dos nosos usuarios unha escolma de libros para
traballar pola NON VIOLENCIA de xénero e IGUALDADE.



Así mesmo na entrada da biblioteca, situamos unha proposta de actividade na que, aqueles que quixeran aportasen opinións, debuxos, solucións, etc  para tratar de concienciar da importancia deste tema.




















Agardamos que vos gusten estas novas aportacións.