O alumnado que asiste á biblioteca na hora do recreo tiña un novo reto: construír un puzzle. Este mércores conseguiron rematar o puzzle así que... reto superado!!!
E como non, recibiron o seu agasallo polo traballo realizado.
Agardaremos o seguinte!

Repepico volve cos seus retos...
Neste mes de Novembro, ven con moita gana de facer ciencia!! Por iso nos propón o seguinte reto
Quen será capaz de resolvelo??
Para rematar cos retos de Repepico...
Os nenos/as que participaron en tres ou máis retos dos oito que propuxo Repepico durante este curso, tiveron un agasallo: un pequeno xogo para poder desenvolver o seu inxenio e lóxica.
Neste mes de Maio apareceu o derradeiro reto de Repepico.
E como última proposta, Repepico convidounos a coñecer, empregar e construír cos Gigi Blocks!!
A nosa biblioteca segue apostando pola creatividade, a manipulación, experimentación,... e que mellor forma de facelo.... mercamos un novo material que espertou moita curiosidade e resultou moi moi atractivo para todo alumnado.
Dende os máis pequenos ata os maiores do colexio, non pararon de facer construcións, aquí algúns exemplos...
No mes de Abril apareceu o sétimo reto de Repepico.
E como era o mes adicada ó libro, Repepico propuxo un reto para formar parte dos nosos libros...
O noso alumnado ten moita imaxinación, ideas e creatividade... e grazas tamén a axuda das familias conseguimos superar o reto!!
Con todas as novas imaxes de libros creadas, fixemos un vídeo que podedes ver aquí
No mes de Marzo apareceu o sexto reto de Repepico.
Esta vez tocou resolver unha sopa de letras onde tiñamos que atopar os nomes dos xogos ou videoxogos que cada titoría elexiu para investigar e traballar este curso.
Tamén no daba unha pista... a que moit@s recorreron!!
Repepico atopunos todos, e vós??
Podedes comprobar a solución que xa está colgada no taboleiro e aquí mesmo.
Ah!! Xa podedes pasar a ver e resolver o sétimo reto....
No mes de Febreiro, Repepico propuxo un novo reto, pareceu tan chamativo que animou a máis nenos/as a participar.
Apareceron as imaxes de diferentes sombreiros e había que adiviñar de que personaxes eran... pero algún foi un pouco díficil!!
Xa están as respostas colgadas no taboleiro da biblioteca, e con elas moitas das dúbidas que este reto creou.
Así que, veremos que nos deparará o próximo reto...
No mes de Xaneiro, tivemos o cuarto reto. Desta vez, Repepico púxonolo bastante doado cos emojis, había que adiviñar os títulos de oito contos clásicos.
Xa temos as respostas que case todos/as os participantes acertaron, agardarmos que o seguinte reto, que xa está colgado no taboleiro da biblio, sexa igual.
No mes de decembro, tivemos o terceiro reto de Repepico, que consistía en ser capaz de facer unha construción utilizando os Palitroques que están no espazo de crear da nosa biblioteca.
Así de ben traballaron en grupo para resolver o reto, aquí algunhas das solucións...
Chegou o mes de novembro e con el, o segundo reto de Repepico, desta vez había que debuxar a portada para un dos títulos dos libros propostos, con unha pequena dificultade: non aparecía a imaxe en ningún lugar.
Todo a alumnado que participou, deixou voar a súa imaxinación e creou estas ilustracións tan marabillosas!!
Este curso retomamos unha proposta de dinamización que funcionou moi ben e que os nenos/as seguían demandando: "Os retos de Repepico"
No mes de outubro apareceu o primeiro reto, que consistía en descifrar os títulos duns libros da nosa biblioteca a través das súas portadas distorsionadas e de unha pequena pista.
Rematado o mes temos xa a solución ó reto, cantos adiviñarían??
O xoves 16 de xuño, fixemos entrega dos diplomas polo seu traballo ó noso voluntariado da biblioteca.
E como tarefa final, eles mesmos/as fixeron entrega a todo o alumnado participante nos retos de Repepico, do seu pasaporte e do agasallo da biblio.
Desfrutamos moito e tamén nos emocionamos!!
O alumnado tivo que indagar e navegar polo noso blog para coñecer a resposta.
E xa temos a solución ó último reto de REPEPICO deste curo.
Imos a polo quinto e útimo reto de Repepico deste curso...
Busca no blog de Repepico da nosa biblioteca:
¿En que data se publicou o primeiro reto de Repepico?
Despois de buscar as etiquetas por todas as sección da biblioteca, xa temos a solución do reto número 4.
Superado o terceiro reto, imos ver a solución...
Despois de moito indagar... xa sabemos cales son os títulos dos libros favoritos de Repepico!
1. Harry Potter 2. Mortiña 3.Gerónimo Stilton 4. Zipi Zape
5. A toupiña que sería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
6. Brancaneves 7. Os tres porquiños 8. Scooby Doo
9. Los futbolísimos
Como bos detectives que sodes, seredes capaces de...
Descifrar o listado dos contos favoritos de REPEPICO?
Moi boa acollida e éxito na participación do alumnado... no primeiro día moitos conseguiron descifrar os títulos agochados!!
Arranca unha nova actividade na biblio, co motivo da celebración do día da poesía Repepico deixa o primeiro dos retos...
Quen será o autor do fragmento deste poema?