O CAMIÑO DE SANTIAGO

2/2/21

 ACTIVIDADES DO DÍA DA PAZ


Dende os Equipos de Biblioteca e de Normalización Lingüística propuxemos a realización da actividade "O Tren da Paz" para que cada grupo investigase sobre como se pode construir unha convivencia pacífica. Para iso afondamos sobre os valores que contribúen a xerar un clima pacífico. Tamén investigamos sobre as contribucións das diferentes premiadas e premiados co Nobel da Paz. 


Aquí podedes ver algúns dos nosos "Trens da Paz". Agardamos que vos gusten!