O CAMIÑO DE SANTIAGO

7/12/22

CIENCIA NA BIBLIO

 Novembro foi o mes da ciencia, e na biblio de Repepico quixemos celebralo organizando uns talleres de experimentos que non puideron ter máis éxito entre grandes e pequenos.

Deixamos por aqui a proba con estas fotiños:

















24/11/22

Deixando pegada contra a violencia de xénero

 Mañá chega un ano máis o 25N, e Repepico deixounos para esta semana unha serie de lecturas recomendadas que fomos traballando nas distintas aulas.




Ademais, complementaremos este traballo cunha andaina solidaria polas proximidades do cole, sempre que o tempo o permita, á que poderán asistir as familias.



7/11/22

Taller de Lettering

 O venres pasado comezamos coas actividades dinamizadoras da biblioteca, e que mellor que cun taller de LETTERING!! 3 alumnas de 6º foron as expertas, encargadas de darlles técnicas ao resto de alumnado asistente. Non nos chegou a nada a media horiña do recreo.

A acollida foi xenial e xa nos pediron unha segunda convocatoria :)


Deixámosvos con algunhas fotos:











21/10/22

Nova rede social e apertura polas tardes

Arrancamos novo curso na biblio de Repepico.
Este ano a nosa mascota animouse a facer un perfil de Instagram onde imos colgando todas as nosas novidades para informar á comunidade educativa.


Ademais, co inicio do mes de outubro, comezou tamén a estar dispoñible a biblio en horario de tarde, para que pais e alumnos nos visitedes. Todos os días de luns a venres, agás os martes, de 16:30 a 18:30.

Agardamos que tivésedes todos un bo inicio de curso. Nós xa temos posta a vista no Samaín... seguiremos informando.

19/6/22

VERÁN DE LECTURAS

 Xa ás portas do remate deste curso 2021-22, dende a biblio, Repepico non quere pasar sen recomendarvos unhas lecturas para estas longas semanas de vacacións.

Xa sabedes que hai tempo para xogar, descansar, desfrutar con familia e amigos... pero tamén para gozar dunha boa lectura.

Agardamos que vos gusten, e vémonos á volta rapaces! Bo verán!

Recomendacións lectoras para este verán

17/6/22

VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA

O xoves 16 de xuño, fixemos entrega dos diplomas  polo seu traballo ó noso voluntariado da biblioteca.

E como tarefa final, eles mesmos/as fixeron entrega a todo o alumnado participante nos retos de Repepico, do seu pasaporte e do agasallo da biblio.

Desfrutamos moito e tamén nos emocionamos!!

 



 O agasallo dos Retos de REPEPICO, estivo moi visible entre o alumnado e o profesorado que participou...




 



13/6/22

SOLUCIÓN Ó 5º E ÚLTIMO RETO

O alumnado tivo que indagar e navegar polo noso blog para coñecer a resposta.

E xa temos a solución ó último reto de REPEPICO deste curo.


 

1/6/22

TEATRO "TOUPICIENCIA"

O martes 31 de maio, tivemos a oportunidade de desfrutar grazas a nosa biblioteca da obra de teatro títulada "TOUPICIENCIA"

 





30/5/22

18/5/22

REPEPICO NON PARA... IMOS POR UN NOVO RETO

 Superado o terceiro reto, imos ver a solución...


Sen parar, imos a polo 4º reto que nos propón Repepico, desta vez temos que buscar moito pola biblioteca.... ¿seredes capaces de atopar os nomes d@s protagonistas dos libros que se agochan tras estas "etiquetas" para completar o encrucillado?



13/5/22

LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN


  O 17 de maio é o Día das letras Galegas, este ano dedicado a Florencio Manuel Delgado Gurriarán. O alumnado de 6º curso creou tres caricaturas do autor, para que o alumnado de Educación Infantil as pintase utilizando como inspiración o estilo Pop Art. Así quedaron estas bonitas obras... 



 



 

 

No expositor da biblioteca tedes a vosa disposición algúns libros sobre Florencio Manuel Delgado Gurriarán para que gocedes coa súa lectura. 

 

 

E si queredes seguir aprendendo máis, aquí tedes estes enlaces interesantes sobre Florencio Manuel Delgado Gurriarán.

                                   http://seminariogalan.org/

 

 

 

Tamén vos deixamos unha mostra dos marcapáxinas conmemorativos que se fixeron con motivo da celebración do Día das letras Galegas.

 

 


 

 

Por último, e para rematar a semana dedicándoa ás nosas Letras Galegas. Fixemos pescudas na casa sobre o tema da nosa PDI “a Navegación”, aportando en tarxetas: poemas, refráns, cancións, expresións, frases feitas, vocabulario… en galego e relacionado co tema de estudo. Con estas tarxetas, creamos unha exposición na entrada do colexio que logo formará parte da nosa biblioteca para poder desfrutar de todo o catálogo atopado. 

 


 

 


 

5/5/22

EXPLICAMOS OS XOGOS DA BILIO

 Os nosos voluntarios e voluntarias de 5º e 6º de primaria fixeron unha actividade que nos deu moito xogo, e nunca mellor dito.

Para traballar o texto instrutivo, fixeron uns vídeos explicando como empregar algúns dos xogos que temos na nosa zona de "crear" da biblioteca.

Tiveron que analizar as instrucións, elaborar e preparar o guión e logo, LUCES... CÁMARA E.... ACCIÓN!

Deixámosvos por aqui uns enlaces aos vídeos de cada grupo:


As instrucións de 5ºA - Virus, Diamoniak, Piratatak e Exploding Kittens

As instrucións de 5ºB - Robot Face Race

As instrucións de 6º - Dobble

Xogando ao Dobble


Agardamos que vos gusten e, A XOGAR!


2/5/22

LECTURAS COMPARTIDAS: APADRIÑAMENTOS LECTORES

Co motivo do día do libro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria acode xunto ós nenos/as dos cursos inferiores de 3º, 2º, 1º e Educación Infantil para compartir unha lectura. Cada alumno/a ou en parellas prepararon un texto, escollido anteriormente.

Estas lecturas leváronse a cabo fora da aula ordinaria para darlle un carácter lúdico, ademais creouse un clima de complicidade entre o alumnado, que mostrou actitudes e valores de colaboración, respecto, compañeirismo...







O alumnado de 6º de Educación Primaria creou un panel coas valoracións que fixeron os pequenos e pequenas desas lecturas compartidas.