24/2/22
23 de febreiro - Sementando Pensamentos
8/2/22
NOVIDADES
Nas estanterías da entrada da Biblio tedes un montón de novidades fresquiñas para deleitarvos nas vosas lecturas.
Atoparedes libros de ciencias, cómics, e lecturas para todas as idades.
Repepico agarda que vos pasedes a velas.
2/2/22
UNHA MAREA DE PAZ
O pasado venres 28 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz; para a ocasión, desenvolvemos nas aulas diversas actividades que conmemoran este aspecto tan fundamental para a vida en sociedade.
Ademais, continuando co proxecto do centro, sobre a navegación, organizamos un pequeno proxecto para todo o centro. Todo comezou coa lectura nas aula co libro O Increible barco do Capitán Marco, que nos ensinou dúas cousas fundamentais: a importancia de valorar todo o bo e como facer barquiños de papel!
A partir de aquí, cada alumno e alumna do centro, elaborou o seu propio barco de papel, empregando folios de cores. Cada un de nós poido decoralo como el ou ela quixo e escribir nel o seu mensaxe de paz.
Ademais de todo isto, dende a Biblioteca tamén nos regalaron moitas recomendación lectoras de libros relacionados con esta temática; e o profe de Música compuxo unha canción sobre o conto.
O venres 28, cada grupo foi á biblio cantar a canción que aprendemos e deixar colgado o seu barquiño coa mensaxe de paz. Entre todos construímos unha colorida MAREA DE PAZ.
27/1/22
Recomendacións lectoras Día da Paz
Repepico móstravos as recomendacións lectoras relacionadas co Día da Paz. Pinchade na imaxe para ver a presentación.
Agardamos que as disfrutedes moito.
https://view.genial.ly/61f1b7203530170019d2c13c/learning-experience-didactic-unit-recomendacions-dia-da-paz
https://view.genial.ly/61f1b7203530170019d2c13c/learning-experience-didactic-unit-recomendacions-dia-da-p

https://view.genial.ly/61f1b7203530170019d2c13c/learning-experience-didactic-unit-modulo-didactico-pizarra-animada
A

SAMAGOSTO
No colexio fusionamos dúas grandes festas do Outono galego: o Samaín e o Magosto. Para festexalas organizamos todo un día repleto de medo e de monstros, sen esquecernos das castañas!
Recordamos, que no centro traballamos todos xuntos nun gran proxecto sobre a navegación e o mar; para conmemorar o Samaín viaxamos ate as profundidades máis terroríficas do mar e, cada aula, pescou o seu monstro mariño! Puxémoslle nomes, explicamos onde o atopamos e curiosidades sobre eles. Logo, expuxémolos todos na Biblio do centro. Os mestre e mestras axudáronnos decorando a exposición dun xeito terrorífico. Entrar alí era toda unha experiencia de medo!
O venres 28 fomos cada aula visitar a exposición, votando cada un polo seu monstro preferido; todos e todas íamos coas nosas galas máis horripilantes!
Para poñerlle a guinda a este día tan xenial, visitounos un castañeiro e un grupo de música tradicional galega. Comemos castañas ata fartar e bailamos ate que non sentíamos os pés!
25/10/21
ZARPAMOS!
Como cada comezo de curso, dende o Equipo de Biblioteca do centro poñemos en marcha un novo proxecto. Este ano será en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o de Actividades Complementarias e Extraescolares; ademais, o alumnado de 6º vai colaborar desenvolvendo un proxecto relacionado co xornalismo.
Todas as actividades propostas a nivel de centro van estar relacionadas co mar e a navegación. Esta temática vólvese moi importante para nós polo contexto do noso centro e o seu propio nome: A Barquiña. Ademais, cada aula vai elaborar o seu propio "Caderno de bitácora", recollendo as tarefas nas que participen ao longo do curso.
As primeiras actividades van ser: poñerlle a cada aula do centro o nome dunha embarcación e crear o noso monstro mariño, para o Samaín.
Ao longo do curso, iránse desenvolvendo propostas que relacionen a navegación cos campos da literatura, a arte, coas expresións tradicionais, os oficios... E MOITO MÁIS!
Gustaríache navegar con nós nesta aventura mariña?
7/5/21
LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS
O vindeiro 17 de mano celebramos o Día das letras Galegas. Este ano está adicado a poetisa Xela Arias. As alumnas e alumnos de 5º curso realizaron unha investigación sobre ela e as súas obras. Aprenderon un montón de cousas interesantes e curiosas que desexan compartir con todxs para que a coñezamos un poco mellor. Escoitade con moita atención para aprender máis cousas!
28/4/21
26/4/21
DÍA DO LIBRO * 23 DE ABRIL
O venres celebramos o Día do libro coa axuda do noso alumnado de 6º curso que durante estas últimas semanas realizou unha selección de libros para animar a ler aos máis activos do cole. Aquí vos deixamos algunhas das imaxes nas que se ve como todxs gozamos coa lectura. Agardamos que vos gusten!
20/4/21
19/4/21
15/4/21
CovidContaContos: "Las chicas pueden con todo"
Hoxe seguimos coas nosas colaboradoras de 5º curso do voluntariado de lectura que son Noa e Diana. Elas van ler sobre un libro sobre o estupendo que e ser unha nena e todas as cousas importantes que as rapazas e as mulleres poden aportar. Titúlase "Las chicas pueden con todo".
Agardamos que vos guste!
14/4/21
CovidContaContos: "El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa"
Continuamos cunha das nosas colaboradoras de 6º curso do voluntariado de lectura. Hoxe é Shaila quen nos vai contar a historia de "El niño que no quería ser azul y la niña que no quería ser rosa".
Agardamos que vos guste!