O CAMIÑO DE SANTIAGO

27/1/22

SAMAGOSTO

No colexio fusionamos dúas grandes festas do Outono galego: o Samaín e o Magosto. Para festexalas organizamos todo un día repleto de medo e de monstros, sen esquecernos das castañas!

Recordamos, que no centro traballamos todos xuntos nun gran proxecto sobre a navegación e o mar; para conmemorar o Samaín viaxamos ate as profundidades máis terroríficas do mar e, cada aula, pescou o seu monstro mariño! Puxémoslle nomes, explicamos onde o atopamos e curiosidades sobre eles. Logo, expuxémolos todos na Biblio do centro. Os mestre e mestras axudáronnos decorando a exposición dun xeito terrorífico. Entrar alí era toda unha experiencia de medo!

O venres 28 fomos cada aula visitar a exposición, votando cada un polo seu monstro preferido; todos e todas íamos coas nosas galas máis horripilantes!

Para poñerlle a guinda a este día tan xenial, visitounos un castañeiro e un grupo de música tradicional galega. Comemos castañas ata fartar e bailamos ate que non sentíamos os pés!







No hay comentarios: