O CAMIÑO DE SANTIAGO

27/1/22

SAMAGOSTO

No colexio fusionamos dúas grandes festas do Outono galego: o Samaín e o Magosto. Para festexalas organizamos todo un día repleto de medo e de monstros, sen esquecernos das castañas!

Recordamos, que no centro traballamos todos xuntos nun gran proxecto sobre a navegación e o mar; para conmemorar o Samaín viaxamos ate as profundidades máis terroríficas do mar e, cada aula, pescou o seu monstro mariño! Puxémoslle nomes, explicamos onde o atopamos e curiosidades sobre eles. Logo, expuxémolos todos na Biblio do centro. Os mestre e mestras axudáronnos decorando a exposición dun xeito terrorífico. Entrar alí era toda unha experiencia de medo!

O venres 28 fomos cada aula visitar a exposición, votando cada un polo seu monstro preferido; todos e todas íamos coas nosas galas máis horripilantes!

Para poñerlle a guinda a este día tan xenial, visitounos un castañeiro e un grupo de música tradicional galega. Comemos castañas ata fartar e bailamos ate que non sentíamos os pés!







25/10/21

 ZARPAMOS!

Como cada comezo de curso, dende o Equipo de Biblioteca do centro poñemos en marcha un novo proxecto. Este ano será en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o de Actividades Complementarias e Extraescolares; ademais, o alumnado de 6º vai colaborar desenvolvendo un proxecto relacionado co xornalismo. 

Todas as actividades propostas a nivel de centro van estar relacionadas co mar e a navegación. Esta temática vólvese moi importante para nós polo contexto do noso centro e o seu propio nome: A Barquiña. Ademais, cada aula vai elaborar o seu propio "Caderno de bitácora", recollendo as tarefas nas que participen ao longo do curso. 

As primeiras actividades van ser: poñerlle a cada aula do centro o nome dunha embarcación e crear o noso monstro mariño, para o Samaín. 

Ao longo do curso, iránse desenvolvendo propostas que relacionen a navegación cos campos da literatura, a arte, coas expresións tradicionais, os oficios... E MOITO MÁIS!

Gustaríache navegar con nós nesta aventura mariña?








7/5/21

 LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS


O vindeiro 17 de mano celebramos o Día das letras Galegas. Este ano está adicado a poetisa Xela Arias. As alumnas e alumnos de 5º curso realizaron unha investigación sobre ela e as súas obras. Aprenderon un montón de cousas interesantes e curiosas que desexan compartir con todxs para que a coñezamos un poco mellor. Escoitade con moita atención para aprender máis cousas!










Tedes a vosa disposición no expositor algúns libros sobre Xela Arias para que gocedes coa súa lectura. 



Tamén vos deixamos uns enlaces con información e actividades divertidas para aprender un montón de cousas interesantes sobre Xela Arias. 



E por último, deixamosvos unha mostra dos marcapáxinas conmemorativos que estamos a facer co motivo da celebración do Día das letras Galegas. Agardamos que vos gusten!














28/4/21





Día do Libro: os nosos contos favoritos!!!

O alumnado de Educación Infantil e as súas familias demostraron o seu gusto polos libros e a súa creatividade, reinterpretando as portadas dos seus contos favoritos. 

Agardamos que vos gusten!
















 

26/4/21


DÍA DO LIBRO * 23 DE ABRIL

O venres celebramos o Día do libro coa axuda do noso alumnado de 6º curso que durante estas últimas semanas realizou unha selección de libros para animar a ler aos máis activos do cole. Aquí vos deixamos algunhas das imaxes nas que se ve como todxs gozamos coa lectura. Agardamos que vos gusten!


























 




CovidContaContos: "Sementes de papel"


Continuamos coas nosas voluntarias de 6º curso. Hoxe son Flavia, Paula, Alejandra e María as que nos van contar unha historia para reflexionar sobre o uso que facemos do papel. 

Esperamos que vos guste!







20/4/21

CovidContaContos: "Elmer"


Hoxe seguimos Lucas, un dos nosos colaboradores de 6º curso do voluntariado de lectura . Vai ler "Elmer" un libro que nos ensina que todos somos diferentes, únicos e especiales. 

Agardamos que vos guste!





19/4/21


C
ovidContaContos
: "Cocorico"


Continuamos coas nosas voluntarias de 6º curso. Hoxe son Alicia e Candela as que nos van contar a historia de  "Cocorico". 

Esperamos que vos guste!


15/4/21

CovidContaContos: "Las chicas pueden con todo"


Hoxe seguimos coas nosas colaboradoras de 5º curso do voluntariado de lectura que son Noa e Diana. Elas van ler sobre un libro sobre o estupendo que e ser unha nena e todas as cousas importantes que as rapazas e as mulleres poden aportar. Titúlase  "Las chicas pueden con todo". 

Agardamos que vos guste!





14/4/21

CovidContaContos: "El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa"


Continuamos cunha das nosas colaboradoras de 6º curso do voluntariado de lectura. Hoxe  é Shaila quen nos vai contar a historia de  "El niño que no quería ser azul y la niña que no quería ser rosa". 

Agardamos que vos guste!






13/4/21



CovidContaContos: "Paco Papán"


Continuamos coas nosas colaboradoras de 6º curso do voluntariado de lectura. Hoxe son Gabriela e Mariña as que nos van ler o conto "Paco Papán". 

Agardamos que vos guste!




 

8/4/21

 CovidContaContos: "Os tres porquiños"


O alumnado de 6º e 5º curso está colaborando no noso voluntariado de lectura. Hoxe son Daniel, Aarón Sánchez, Aarón Meira e Miguel os que nos van ler o conto "Os tres porquiños". 

Esperamos que vos guste!


9/3/21

 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Co motivo da celebración do Día Internacional da Muller dende os Equipos de Dinamización da Lingua e Bibliotecas Escolares proponemos a realización da seguinte actividade:

" A Muller máis importante para min é..."



Nestes vídeos podedes ver ao alumnado do centro explicando cales son para eles as mulleres máis importantes e o motivo polo que as consideren tan importantes. 

Agardamos que vos gusten!











































5/3/21

 DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Co motivo da celebración do Día de Rosalía De Castro e do Día Internacional da Muller realizamos unha selección de contos e biografías de mulleres importantes que durante estas semanas se van a utilizar para realizar as actividades propostas para celebrar estas datas no noso colexio.
Agardamos que vos gusten!