O CAMIÑO DE SANTIAGO

14/5/20

Sextlibros 2019 / 20



Co gallo das Letras Galegas o 17 de maio, os rapaces e rapazas de Lingua Galega de 6º, publican o seu primeiro libro na biblioteca do cole: Os Sextilibros.
Debido ao confinamento, este ano, o formato é virtual, invitámosvos a lelos e a votalos ata fin de mes, para saber cal gustou máis.

Podedes acceder a súa lectura online na páxina de Calameo seguindo o enlace:


Así mesmo, e por primeira vez podedes acceder a nosa conta en IVOOX - Radio A Barquiña para escoitar algún deles en formato audiolibro. 
 

13/5/20

Semana das letras galegas. Ricardo Carvalho Calero

Este semana celébrase a semana das letras galegas. Neste ano 2020 adicadas a   Ricardo Carvalho Calero.

Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol en 1910 e faleceu en 1990 en Santiago de Compostela. Sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.
Aquí podedes atopar máis información sobre este destacado persoaxe da nosa cultura.


Día do libro na CEIP P. Alexandre R. Cadarso

Nestes días tan extranos, realizamos este video desde o equipo da biblioteca para celebrar esta data. Agardamos que vos guste

5/3/20

Talleres de Entroido

Do 17 ao 20 de febreiro tivemos na biblioteca do cole uns talleres de antefaces de Entroido.

Podedes ver nas fotos o bonitos e orixinais que lles quedaron aos nenos e nenas que quixeron participar.

Aí tedes:


                







Saúdos,

O Equipo de Biblioteca.

3/2/20

Charla sobre Reciclaxe

Os días 24 (Educación Primaria) e 27 (Educación Infantil) de xaneiro, tivemos na biblioteca do cole unha charla sobre reciclaxe moi interesante, levada a cabo pola mancomunidade do Barbanza.

Os nenos e as nenas estiveron moi atentos.

 


 


Saúdos,
O Equipo de Biblioteca.

19/1/20

Contacontos “Príncipas e Princesos”

O día 14 deste mes tivemos na biblioteca un contacontos sobre a Igualdade. Tratábase de “Príncipas e Princesos” de Os Contos de Pablísimo.


“¡Faise saber que se buscan príncipes rosas... e princesas azuis! ¡Faise saber que ides escoitar contos de valentes princesas enfrontándose a dragóns e de Príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro!”.

A través de diferentes contos e historias atípicos e moi divertidos, vánse desmontando diversos estereotipos e roles de xénero e fáisenos reflexionar sobre a igualdade.

Neste caso, os asistentes foron os nenos e as nenas de Infantil.





















Saúdos,
O Equipo de Biblioteca.

16/1/20

Contacontos en Inglés

O día 10 deste mes tivemos, na nosa biblioteca, dous contacontos en inglés moi divertidos.


Os nenos e as nenas de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria, acompañaron a Milly, a serea, nas súas aventuras no fondo do mar. 

Contámosvos un pouco:
O que máis desexaba Milly... eran unhas pernas. Ao máis estilo do clásico conto de Andersen. Unhas pernas para andar, correr, bailar e o mellor de todo: para xogar ao fútbol! Pero un non sabe o que ten ata que o perde e cando Milly consegue as pernas, grazas á Raíña do Mar, dase conta do que de verdade importa e de que as sereas sempre van pertencer ao mar porque esa é a súa natureza.



Os nenos e as nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria, acompañaron a Meg, unha nena que sempre soñou con traballar nun circo.

Contámosvos un pouco:
Meg sempre soñou con ser artista e traballar nun circo, como fixera o seu avó. Cando o circo nacional visita a súa vila cre que os seus soños poden convertirse en realidade. 
Neste contacontos vemos a Meg a preparar o seu número e coñecemos o mundo do circo, cheo de cores, aplausos e aventuras disparatadas.
Pero, cando a nena descobre a realidade destes espectáculos, replantéxase se é ao que se quere dedicar o resto da súa vida e se eses animais merecen estar engaiolados ou teñen dereito a desfrutar da súa liberdade.



 
Estiveron moi participativos e bailaron e cantaron sen parar!



Saúdos,

O Equipo de Biblioteca.

14/1/20

Talleres de Nadal

Aí vos van os talleres que fixemos a semana antes de marchar de vacacións de Nadal.
Contamos coa axuda dos nenos e das nenas máis maiores do cole para que nos axudasen a levalos a cabo. Fixérono de marabilla e crearon adornos tan bonitos como os que vedes nas fotos.

Eses días tivemos moita afluencia na biblioteca.
Quedou unha árbore moi bonita.












Vaia estrelas!



















Esperamos que vos guste.

Saúdos,
O Equipo de Biblioteca.

8/12/19

O cómic. I

Como xa sabedes este curso o noso proxecto de biblioteca está centrado en catro tipoloxías textuais. Unha delas é o cómic e como non podía ser doutro xeito o equipo da biblioteca organizamos unha visita a mostra de cómic organizada polo Liceo de Noia.


Nesta primeira toma de contacto o noso alumnado contou coa axuda e guía para esta actividade con Alfonso Barreiro, "Fon" debuxante de cómic da nosa localidade autor de: "Troglo e Dita" e "Curuxa".




















FON fixo un percorrido connosco pola exposición explicándonos diversos aspectos da creación dun cómic e como se traballou no pasado e no presente nunha das series de animación máis coñecida de sempre: "Dragon Ball".



Finalmente o noso percorrido rematou  dándonos a coñecer autores e técnicas daqueles autores que expoñían parte da súa obra na sala:  Angel de la Calle, Akira Toriyama, Luis Dávila "O bicheiro" e Pablo Velarde.




Sen máis, darlle as gracias ao noso guía agardando poder organizar unha nova actividade xa na biblio do cole.

25/11/19

25 de Novembro. Repepico recomenda.

Fai uns días a nosa biblioteca puxo a disposición dos nosos usuarios unha escolma de libros para
traballar pola NON VIOLENCIA de xénero e IGUALDADE.



Así mesmo na entrada da biblioteca, situamos unha proposta de actividade na que, aqueles que quixeran aportasen opinións, debuxos, solucións, etc  para tratar de concienciar da importancia deste tema.




















Agardamos que vos gusten estas novas aportacións.

8/11/19

CELEBRANDO O DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 de outubro celébrase o día da biblioteca, conmemoración que xurdiu pola iniciativa da asociación española de amigos do libro infantil e xuvenil no 1997, dende entón celébrase en toda España.
Desde a nosa biblioteca escolar, quixemos aportar o noso grao de area á devandita celebración levando a cabo esta actividade  de narración oral.  
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria ofrecéronse voluntarios para ler un conto ó resto de compañeiros/as do centro na hora do recreo.
O lugar elexido: a biblioteca do centro, como non!
A temática dos contos: contos de medo, pois na época do Samaín non podía ser outra.
Así que, con todos estos ingredentes, so faltaba anunciar a actividade e poñernos.... a contar historias!
Aquí tedes o cartel da actividade e os contos elexidos polos nosos peques narradores.



Na vindeira achega poderedes disfrutar en "diferido" das súas emocionantes lecturas.