O CAMIÑO DE SANTIAGO

16/1/20

Contacontos en Inglés

O día 10 deste mes tivemos, na nosa biblioteca, dous contacontos en inglés moi divertidos.


Os nenos e as nenas de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria, acompañaron a Milly, a serea, nas súas aventuras no fondo do mar. 

Contámosvos un pouco:
O que máis desexaba Milly... eran unhas pernas. Ao máis estilo do clásico conto de Andersen. Unhas pernas para andar, correr, bailar e o mellor de todo: para xogar ao fútbol! Pero un non sabe o que ten ata que o perde e cando Milly consegue as pernas, grazas á Raíña do Mar, dase conta do que de verdade importa e de que as sereas sempre van pertencer ao mar porque esa é a súa natureza.



Os nenos e as nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria, acompañaron a Meg, unha nena que sempre soñou con traballar nun circo.

Contámosvos un pouco:
Meg sempre soñou con ser artista e traballar nun circo, como fixera o seu avó. Cando o circo nacional visita a súa vila cre que os seus soños poden convertirse en realidade. 
Neste contacontos vemos a Meg a preparar o seu número e coñecemos o mundo do circo, cheo de cores, aplausos e aventuras disparatadas.
Pero, cando a nena descobre a realidade destes espectáculos, replantéxase se é ao que se quere dedicar o resto da súa vida e se eses animais merecen estar engaiolados ou teñen dereito a desfrutar da súa liberdade.



 
Estiveron moi participativos e bailaron e cantaron sen parar!



Saúdos,

O Equipo de Biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario