O CAMIÑO DE SANTIAGO

16/1/20

Contacontos en Inglés

O día 10 deste mes tivemos, na nosa biblioteca, dous contacontos en inglés moi divertidos.


Os nenos e as nenas de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria, acompañaron a Milly, a serea, nas súas aventuras no fondo do mar. 

Contámosvos un pouco:
O que máis desexaba Milly... eran unhas pernas. Ao máis estilo do clásico conto de Andersen. Unhas pernas para andar, correr, bailar e o mellor de todo: para xogar ao fútbol! Pero un non sabe o que ten ata que o perde e cando Milly consegue as pernas, grazas á Raíña do Mar, dase conta do que de verdade importa e de que as sereas sempre van pertencer ao mar porque esa é a súa natureza.



Os nenos e as nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria, acompañaron a Meg, unha nena que sempre soñou con traballar nun circo.

Contámosvos un pouco:
Meg sempre soñou con ser artista e traballar nun circo, como fixera o seu avó. Cando o circo nacional visita a súa vila cre que os seus soños poden convertirse en realidade. 
Neste contacontos vemos a Meg a preparar o seu número e coñecemos o mundo do circo, cheo de cores, aplausos e aventuras disparatadas.
Pero, cando a nena descobre a realidade destes espectáculos, replantéxase se é ao que se quere dedicar o resto da súa vida e se eses animais merecen estar engaiolados ou teñen dereito a desfrutar da súa liberdade.



 
Estiveron moi participativos e bailaron e cantaron sen parar!



Saúdos,

O Equipo de Biblioteca.

14/1/20

Talleres de Nadal

Aí vos van os talleres que fixemos a semana antes de marchar de vacacións de Nadal.
Contamos coa axuda dos nenos e das nenas máis maiores do cole para que nos axudasen a levalos a cabo. Fixérono de marabilla e crearon adornos tan bonitos como os que vedes nas fotos.

Eses días tivemos moita afluencia na biblioteca.
Quedou unha árbore moi bonita.












Vaia estrelas!



















Esperamos que vos guste.

Saúdos,
O Equipo de Biblioteca.

8/12/19

O cómic. I

Como xa sabedes este curso o noso proxecto de biblioteca está centrado en catro tipoloxías textuais. Unha delas é o cómic e como non podía ser doutro xeito o equipo da biblioteca organizamos unha visita a mostra de cómic organizada polo Liceo de Noia.


Nesta primeira toma de contacto o noso alumnado contou coa axuda e guía para esta actividade con Alfonso Barreiro, "Fon" debuxante de cómic da nosa localidade autor de: "Troglo e Dita" e "Curuxa".




















FON fixo un percorrido connosco pola exposición explicándonos diversos aspectos da creación dun cómic e como se traballou no pasado e no presente nunha das series de animación máis coñecida de sempre: "Dragon Ball".



Finalmente o noso percorrido rematou  dándonos a coñecer autores e técnicas daqueles autores que expoñían parte da súa obra na sala:  Angel de la Calle, Akira Toriyama, Luis Dávila "O bicheiro" e Pablo Velarde.




Sen máis, darlle as gracias ao noso guía agardando poder organizar unha nova actividade xa na biblio do cole.

25/11/19

25 de Novembro. Repepico recomenda.

Fai uns días a nosa biblioteca puxo a disposición dos nosos usuarios unha escolma de libros para
traballar pola NON VIOLENCIA de xénero e IGUALDADE.



Así mesmo na entrada da biblioteca, situamos unha proposta de actividade na que, aqueles que quixeran aportasen opinións, debuxos, solucións, etc  para tratar de concienciar da importancia deste tema.




















Agardamos que vos gusten estas novas aportacións.

8/11/19

CELEBRANDO O DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 de outubro celébrase o día da biblioteca, conmemoración que xurdiu pola iniciativa da asociación española de amigos do libro infantil e xuvenil no 1997, dende entón celébrase en toda España.
Desde a nosa biblioteca escolar, quixemos aportar o noso grao de area á devandita celebración levando a cabo esta actividade  de narración oral.  
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria ofrecéronse voluntarios para ler un conto ó resto de compañeiros/as do centro na hora do recreo.
O lugar elexido: a biblioteca do centro, como non!
A temática dos contos: contos de medo, pois na época do Samaín non podía ser outra.
Así que, con todos estos ingredentes, so faltaba anunciar a actividade e poñernos.... a contar historias!
Aquí tedes o cartel da actividade e os contos elexidos polos nosos peques narradores.



Na vindeira achega poderedes disfrutar en "diferido" das súas emocionantes lecturas.




   

7/11/19

Ilustra, expresa e sinte a literatura

Como cada ano, no comezo dun  novo curso podemos en marcha o traballo de biblioteca. Estes dous meses foron de intensos preparativos que aínda están por concluir.
Esta vez o proxecto da nosa biblioteca comprenderá a exploración de distintas tipoloxías textuais co noso alumnado.

Para facelo escollemos: a narración, o cómic, o teatro e a poesía. Todo o centro participará naquelas actividades que pronto poremos en marcha. Aquí tedes as carátulas que elaboramos no equipo da biblio e que presidirán o panel que siempre recolle parte do trabajo que imos facendo en todo o ano escolar. O título do proyecto será:

ILUSTRA, EXPRESA e SINTE a LITERATURA.







Recibide un gran saúdo desde o equipo da nosa biblioteca.

19/6/19

Recomendacións Verán 2019.

Xa estamos a piques de comenzar as vacacións de verán e como non podía ser doutro xeito Repepico, a nosa coloreada e plumífera mascota fixo unha nova escolla de libros antes de coller a súa maleta viaxeira e tirar cara o Caribe.
Para que disfrutedes do voso tempo de lecer nos días de sol e praia, aquí van as nosas recomendacións veraniegas.



Voluntariado de lectura na nosa biblioteca.

Neste curso participamos co alumnado de 5º e 6º na actividade do voluntariado de lectura.


O alumnado participante recibiu o diploma e a camiseta como recoñecemento á súa participación.

Ademáis este curso tivemos a sorte de acceder a un obradoiro de oralidade impartido por Charo Pita.
Moitas grazas a todos por ter participado.





18/6/19

Sextilibros 2019

Aquí tedes un "clásico" do noso cole. Cada ano o grupo de rapaces e rapazas do 6º curso de E.P participa na edición anual dos sextilibros. Unha iniciativa que serve para traballar nas aulas os contidos das áreas de lengua e lingua ademáis de achegarse a creación literaria.
Desde a biblio traballamos para poñer a disposición de todos/as os usuarios estes fantásticos escritos. Nesta edición os afortunados gañadores quedan recollidos nesta publicación que agardamos disfrutedes.

Por certo, non podemos deixar de felicitar a todos os participantes. Somos conscientes do gran esforzo que supón a creación destes relatos. Así mesmo felicitar aos mestres que acompañan todo o proceso de elaboración dos textos. NORABOA e xa estamos agardando a vindeira edición... pero eso xa será no vindeiro curso 2019/2020.

16/6/19

Guía Turística de Noia- PROXECTO A Nosa Ría

Como ben sabedes, este curso impulsamos un proxecto sobre a ría de Noia desde a nosa biblioteca.
Agora que xa queda pouco menos que unha semana para completar o curso 2018/2019, traemos a este blogue o resultado final: Unha guía turística de Noia.
Na elaboración participaron tódolos cursos do noso centro que coas súas achegas dou como resultado este interesante documento. Agardamos que vos guste moito e que o disfrutedes.

4/6/19

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano contamos no centro coa visita de Serafín Marcos, profesor do conservatorio na nosa vila e actor de teatro, para facernos unha dramatización da vida e obra de Antón Fraguas Fraguas, autor a quen se lle adicou este ano o día das letras galegas. Coma todos os anos non nos defraudou nin o máis mínimo pois, co seu desparpajo e bo facer, fixonos vivir en primeira persoa as peripecias e acontecementos da vida de Antón Fraguas.
A representación realizouse en tres sesións ó longo dunha mañá, adaptada cada unha as idades dos nenos/as que a ían a escoitar poidendo así desfrutala ó máximo. A continuación deixamos unhas imaxes que evidencian o bo rato que nos fixo pasar tanto aos rapaces do cole coma ó profesorado. So falta dar gracias a Sefarín outro ano máis colaborando connosco, GRAZAS!!!