O CAMIÑO DE SANTIAGO

12/5/25

LETRAS GALEGAS 2025

 Xa temos na nosa biblioteca, algunhas suxestións de lectura para conmemorar o día das Letras Galegas, que este ano están adicadas as CANTAREIRAS.

Desexamos que vos gusten!



9/5/25

CONTACONTOS " UN BECHO ESTRAÑO"

Este venres volvemos desfrutar dunha sesión de contacontos, desta vez os en
cargados foron dous voluntarios de 5º. 

Preparon previamente a súa narración e trouxeron un bonito boneco para atraer a atención do público.

Así foi como puidemos ver converserse aquel becho estraño... nun rato!!






30/4/25

UN POUCO DE POESÍA

 Grazas a doazon dunha mestra compañeira, temos novas adquisións en poesía na nosa biblioteca que de seguro lles gustarán ó noso alumnado.


28/4/25

25/4/25

SEMANA DE XOGOS

Continuamos coas semanas de xogos, e desta vez tocou... ZE MIRROR images, un xogo de reflexos perfecto, onde todo se transforma e as imaxes aparecen como por arte de maxia.




NOVIDADES

Repepico chegou moi cheo de novidades a nosa biblioteca!! 

Podedes pasar a ler, hai temáticas moi variadas: ciencias, narrativa, inclusiva, inglés, música, biografías e tamén algunha cousiña relacionada co noso PDI.





24/4/25

LECTURAS COMPARTIDAS

 Compartir momentos de lectura cos compañeiros/as e a mellor maneira de celebrar o día do libro. E iso foi o que fixemos: saír ao patio, buscar un curruncho tranquilo e ler  un conto a un neno/a doutor nivel. Aquí podedes ver unha pequena mostra destas lecturas compartidas.






















10/4/25

CONTACONTOS "A VACA QUE PUXO UN OVO"

Este pasado mércores tivo lugar outra sesión de contacontos, ao que podía asistir quen estivese interesado/a, en horario de recreo na nosa biblioteca.

Este grupo de voluntarios/as, prepararon e organizaron a sesión, dándolle o seu toque persoal. Tivo gran afluencia e estivo de maravilla.

Atentos porque en breve teremos a outros voluntarios con máis contos...






1/4/25

CONTACONTOS "OS TRES PORQUIÑOS"

 Unha vez máis o voluntariado da biblioteca preparou un conto para a hora do recreo. Todo o alumnado que quixo asistiu a biblio para escoitalo. Coma sempre, fixérono de estupendamente!!!









17/3/25

SEMANA DA PRENSA

 Para conmemorar a semana da prensa, entre varias aulas do centro elaboramos o noso propio telexornal. Aquí deixámosvos o enlace para que  poidades velo. 

video



13/3/25

TALLER DE COSTURA

Esta semana realizamos un taller de costura na biblioteca para todo o alumnado do centro. Por turnos fomos ata a biblioteca para coser en fieltro e posteriromente rechealo, unha estrela ou unha lúa convertíndoo así nun chaveiro, colgante, ...

O alumnado estivo acompañado dunha especialista do tema e do seu profesorado, que previamente asistiu a unha formación para poder guialos e axudalos na actividade.

Quedaron chulísimos e xa somos  uns expertos costureir@s!!!!!