O CAMIÑO DE SANTIAGO

21/2/25

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Repepico fixo unhas suxestións de lecturas para o 23 de febreiro, o día de Rosalía de Castro. Pasade pola biblioteca para velas.

Desexamos que gusten!!!


13/2/25

RETO DE REPEPICO

O alumnado que asiste á biblioteca na hora do recreo tiña un novo reto: construír un puzzle.  Este mércores conseguiron rematar o puzzle así que... reto superado!!!

E como non, recibiron o seu agasallo polo traballo realizado.

Agardaremos o seguinte!











7/2/25

NOVIDADES LECTORAS

 Presentamos as novas adquisicións de lectura para a nosa biblioteca que están a disposición do alumnado no carriño de novidades.




3/2/25

DÍA DA PAZ

Celebramos o 30 de xaneiro confeccionando entre todo o alumnado do centro unha capa da paz. Partimos da lectura do conto "El abrigo de Pupa" e elaboramos os nosos retáis con imaxes e palabras que nos transmitiran paz. Unha vez que tivemos todos feitos fomos a biblioteca por cursos a coselos para formar esta fantástica capa.





21/1/25

CONTACONTOS... " A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE"

 Comezamos este curso, con unha actividade dinamizadora que tivo éxito o curso pasado e queremos volver desfrutar: os contacontos.

Así foi como se anunciou o primeiro contacontos, ao que podía asistir quen estivese interesado/a, o martes 21 de Xaneiro en horario de recreo na nosa biblioteca.


Este grupo de voluntarios/as, prepararon e organizaron unha boa sesión de contacontos, añadindo os seus matices ó conto e unha grande dote de interpretación. Moitas grazas!!

Atentos á nosa biblioteca, porque este foi o primeiro de moitos contacontos que se levarán a cabo...



 


16/1/25

NIÑOS LECTORES

 O alumnado voluntariado de 6º de primaria renovando os libros dos niños de lectura do patio. 

Que mellor que ler ao aire libre!







17/12/24

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

 Dende a biblioteca do cole, compartimos as nosas recomendacións lectoras de Nadal, agardamos que vos sexan de utilidade e as disfrutedes.



11/12/24

ESPAZO DO PDI

Na nosa biblioteca, xa temos creado o espazo do PDI, nel poderedes atopar moita información para estudar e investigar sobre o noso Proxecto Documental Integrado: "PERDIDOS NO ESPAZO"




25/11/24

TALLER DE LEGO

Retomamos o taller de lego!!!

O curso pasado intentamos montar o mapa do mundo con máis de 11000 pezas, pero o remate do curso impediuno, este curso poderemos conseguilo??

Todos os días na hora do recreo e na biblioteca, estará a disposición do alumnado que se anote e queira participar neste taller.





UN UNIVERSO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Despois do traballo sobre o tema da non violencia nas aulas e relacionando co noso PDI, dende as titorías creáronse os planetas e un satélite imaxinados que puideran desfacer a violencia de xénero.

Para conmemorar o 25N, fíxose unha exposición na biblioteca recreando un universo contra a violencia de xénero.

Por grupos, visitamos a exposición e reflexionamos!