Na nosa biblioteca, xa temos creado o espazo do PDI, nel poderedes atopar moita información para estudar e investigar sobre o noso Proxecto Documental Integrado: "PERDIDOS NO ESPAZO"
11/12/24
28/11/24
25/11/24
TALLER DE LEGO
Retomamos o taller de lego!!!
O curso pasado intentamos montar o mapa do mundo con máis de 11000 pezas, pero o remate do curso impediuno, este curso poderemos conseguilo??
Todos os días na hora do recreo e na biblioteca, estará a disposición do alumnado que se anote e queira participar neste taller.
UN UNIVERSO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Despois do traballo sobre o tema da non violencia nas aulas e relacionando co noso PDI, dende as titorías creáronse os planetas e un satélite imaxinados que puideran desfacer a violencia de xénero.
Para conmemorar o 25N, fíxose unha exposición na biblioteca recreando un universo contra a violencia de xénero.
Por grupos, visitamos a exposición e reflexionamos!
21/11/24
CIENCIA NA BIBLIO
Algúns dos nosos/as voluntarios/as fixeron un traballo de estudo e investigación para preparar un día de ciencia na nosa biblioteca.
Prepararon un cartel para anunciar e convidar a todos/as...
O día 21 na hora do recreo, estaban preparados/as para explicar o seu traballo e expoñer os experimentos como bos científicos/as, ante un público moi participativo.
18/11/24
SUXESTIÓNS DE LECTURA PARA O 25-N
REPEPICO, deixou na nosa biblioteca unhas suxestións de lecturas para traballar o 25 de Novembro, día contra a violencia de xénero.
Están a disposición de toda a comunidade educativa no moble expositor da entrada da nosa biblio e podedes velos aquí...
13/11/24
7/11/24
RETO DE REPEPICO
Repepico volve cos seus retos...
Neste mes de Novembro, ven con moita gana de facer ciencia!! Por iso nos propón o seguinte reto
Quen será capaz de resolvelo??
1/11/24
SAMAÍN 2024
Neste Samaín...
Despois de pasar o túnel do terror, atopamos a nosa biblioteca moi terrorífica
Alí dentro, puidemos destrutar dunhas lecturas compartidas.
O alumnado de 5º de primaria deleitou ós máis pequenos coa lectura e representación dos contos: A bruxa regañadentes e O Papón
E o alumnado de 6º de primaria facía a lectura e representación de contos como: Carabuñas, Gato Guille e os monstros ou O Samaín para os nenos/as maiores.
24/10/24
MOCHILAS VIAXEIRAS
Para conmemorar o día das bibliotecas, comezamos coas mochilas viaxeiras, que sairon da biblioteca de mans das nosas voluntarias para repartilas polas clases.
Van cargadas de lecturas moi interesantes.
Boa viaxe!!
DÍA DAS BIBLIOTECAS- 24 DE OUTUBRO DE 2024
¿Queredes saber como é a nosa biblioteca? ¿cando podemos ir a ela?...
Algúns dos nos@s axudantes colaboraron moi activamente para explicar como é a nosa biblioteca, así creamos este vídeo explicativo: https://youtu.be/pb2UctYriK0?si=ZtncD7yCjJ8NNe4W
E para conmemorar o día das bibliotecas, compartimos o vídeo con toda a comunidade educativa.
Feliz día das bibliotecas!!
18/10/24
SUXESTIÓNS PARA O SAMAÍN
Chega o Samaín, e dende a nosa biblio xa temos preparadas algunhas suxestións de lectura...
Animádevos a ler!!
15/10/24
DÍA DAS ESCRITORAS
Dende a nosa biblioteca tamén queremos dar visibilidade as nosas escritoras galegas, por iso fixemos unha pequena exposición de libros relacionados.
Ademais, algunhas alumnas aportaron o seu gran de area e despois da lectura destas biografías, fixeron unha caricatura destas mulleres.
11/10/24
FORMACIÓN DE USUARIOS
Despois da formación do profesorado, toca o turno ó alumnado.
Neste mes de Outubro, o equipo de biblioteca en diferentes sesións lectivas, está levando a cabo a formación de usuarios por titorías.
Entre todos/as, podemos facer que a nosa biblioteca funcione ben!!




























