O CAMIÑO DE SANTIAGO

29/2/24

CONTACONTOS... "EL CABALLERO Y EL DRAGÓN"

Hoxe xoves, na hora do recreo tivo lugar outro contacontos por parte do alumnado voluntario da biblioteca. 

Esta vez contaron "El caballero y el dragón" e fixérono xenial!!

 


 


Para o vindeiro mes, outro grupo será quen nos deleite con outra historia así que... estade atentos!!


23/2/24

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO- 23 DE FEBREIRO


 

Para conmemorar o día de Rosalía, esta semana tivemos unha interpretación teatral con recitado de poemas por parte dun grupo de veciñas e veciños da Barquiña.

Aprendemos un pouco sobre a súa vida e obra, pero sobre todo pasamos un moi bo rato.



Durante o tempo de lecer no recreo, o alumnado que foi á biblioteca puido realizar uns acrósticos co nome da homenaxeada, escribindo palabras significativas dela. Ademais de poder ler a escolma de libros do expositor. 





15/2/24

ENTROIDO DE XOGOS E VIDEOXOGOS

Continuando co estudo e traballo sobre "Os xogos e videoxogos clásicos" que estamos a levar a cabo neste curso, para celebrar o Entroido que mellor maneira de facelo que representar este tema.

Así foi como cada aula, ideou a forma de disfrazarse representando o xogo ou videoxogo que está a investigar, empregando para iso diferentes materiais e tamén coa axuda das familias.

Puidemos ver un gran desfile con xogos e videoxogos diferentes, tales como: oca, tetris, xadrez, super mario, dominó, barralla, futbolín, damas, parchís, pac man, serpes e esqueiras e o pin ball.

Tamén tivemos grandes bailes e música...


 

 


5/2/24

DÍA DA PAZ

O pasado martes 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz con diferentes actividades.

Primeiro todas as titorías traballaron previamente nas aulas este tema tan importante, e co lema de "Unha infancia perdida nun mundo de guerra" creouse un dorsal individual plasmando as nosas mans e simbolizando a sangue. Portando os dorsais, que representaban a nosa repulsa a todas as formas de violencia sobre todo aquelas nas que o sufrimento dunha guerra pasa a ocupar o lugar da infancia, fixemos a andaina pola contorna na que as familias tamén participaron.

Todo o alumnado e profesorado, levou o seu dorsal á biblioteca para completar nun mural co símbolo da paz, representando así a nosa mensaxe.


Despois do recreo, o alumando de primaria foi á biblioteca para escoitar o conto "¿qué haces con un problema?" que serviu para introducir á presentación da Mediación escolar no centro.

 


Mentres o alumnado de educación infantil, desfrutou cantando e bailando as cancións pola paz.




 


 

 

 

 


3/2/24

CONTINUAMOS OUTRA SEMANA DE TALLER

Continuamos outra semana co taller de hama beads na biblioteca.

Durante a hora do recreo, os nenos/as que non puideron participar na primeira semana, fixérono nesta e continuaron con moitas ganas e sen parar, para construír o seu símbolo da Paz.

Aquí algunha mostra máis do traballo feito.




 


1/2/24

CUARTO RETO DE REPEPICO

No mes de Xaneiro, tivemos o cuarto reto. Desta vez,  Repepico púxonolo bastante doado cos emojis, había que adiviñar os títulos de oito contos clásicos.


Xa temos as respostas que case todos/as os participantes acertaron, agardarmos que o seguinte reto, que xa está colgado no taboleiro da biblio, sexa igual.


 


29/1/24

TALLER DE HAMA BEADS

Para incentivar a biblio creativa e moi relacionado coa conmemoración do día da paz, dende a biblioteca propuxemos un taller de hama beads.

 

Tiñan que ser capaces de construír o símbolo da paz no tempo do recreo,... moi concentrados/as traballaron para conseguilo.



 Así de contentas luciron as súas obras!

E resultou todo un éxito, cubriron todos os postos na primeira semana, así que...
propuxemos outra semana de taller!

 




CONTACONTOS... " UNHA HISTORIA FANTÁSTICA"

Hoxe na hora do recreo, o alumnado voluntario da biblio fixo o seu primeiro contacontos para os nenos e nenas do cole que quixeron asistir. 

 

Empregaron títeres para contar o conto "Unha historia fantástica" e... que ben o fixeron!!!!

 



É o primeiro de moitos que se levarán a cabo mensualmente na biblioteca, así que xa sabedes, estar atentos para o seguinte.


24/1/24

2/1/24

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

 Repepico recoméndavos... "Bo lectura no nadal"




TERCEIRO RETO DE REPEPICO

No mes de decembro, tivemos o terceiro reto de Repepico, que consistía en ser capaz de facer unha construción utilizando os Palitroques que están no espazo de crear da nosa biblioteca.

Así de ben traballaron en grupo para resolver o reto, aquí algunhas das solucións...









CONTACONTOS

O mércores 13 de decembro na hora do recreo, tivemos unha sesión de contacontos amenizada polo profesorado que forma parte do equipo de biblioteca.

Puidemos ver e escoitar un especial dos "Chibos Chibóns"




NOVIDADES!!

 Estas foron algunhas das novidades que estiveron expostas nas estanterías da entrada da nosa biblioteca, coas que xa se pode desfrutar.








1/12/23

SEGUNDO RETO DE REPEPICO

Chegou o mes de novembro e con el, o segundo reto de Repepico, desta vez había que debuxar a portada para un dos títulos dos libros propostos, con unha pequena dificultade: non aparecía a imaxe en ningún lugar.

Todo a alumnado que participou, deixou voar a súa imaxinación e creou estas ilustracións tan marabillosas!!