O CAMIÑO DE SANTIAGO

15/6/23

SEGUIMOS CO NOSO HORTO

Logo do traballo realizado polos compis de 3º e 4º, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria estiveron preparando o terreo para poder plantar.

En primeiro lugar tiveron que sachar a terra e sacar algunhas raíces. 









Logo botáronlle abono e colocaron unha tea para evitar a saída de "malas herbas".




Finalmente colocaron unhas táboas para delimitar ben o terreo a plantar.



Agora só falta vir plantar as sementes.


29/5/23

AVANZAMOS NO HORTO ESCOLAR

 Estes días, o alumnado de 3º estivemos limpando a zona marcada polos compañeiros/as de 4º para preparar o terreo de cultivo. 

Aproveitamos para coñecer o nome das ferramentas máis empregadas e estivemos traballando como auténticos profesionais. Aquí vos quedan algunhas fotos e agora tócalle o turno aos seguintes!






2/5/23

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL

 Aínda que este ano o 23 de abril (Día do Libro) foi un domingo, o venres 21 de abril, no cole volvemos a ter as lecturas compartidas. Isto é, os máis maiores do cole lémoslle un conto aos máis pequenos. Aínda que pola chuvia non poidemos disfrutar do exterior, enchemos cada recuncho da nosa escola de lecturas e sorrisos. Aquí vos queda unha pequena mostra dalgúns recunchos.








Taller de cubo de Rubik

 Ola!

Este curso estamos vendo moitos cubos de Rubik polo noso cole, polo que o mes pasado realizouse algún taller de cubos de Rubik para que algúns compañeiros do cole ensinaran a outros. 

Cada vez dásenos mellor!





26/4/23

Proyecto "economía circular" - Horto escolar

 Boas compañeiros e compañeiras de Repepico.

Dentro do noso proyecto da biblioteca sobre a "economía circular", comenzamos a planificación e creación aun espazo adicado ó noso horto escolar.

1ª fase: Planificación e plantexamento.

O alumnado de 4º de E.P. junto co profesorado implicado no proxecto fixo un estudo das diferentes zonas do noso centro para poder ubicar o espazo que adicaremos ó horto en función de diversos factores como: composición do chan, luminosidade, orientación, acceso a auga e espazos dispoñibles. As zonas escollidas están a disposición do alumnado de E.I. e E.P. Coas seguintes medidas:

 

O alumnado participou, na delimitación dos espazos, axundándose de madeira, fio e ferramentas en función das medicións previstas.















 Agora toca continuar traballando para conquerir a posta en marcha desta actividade.




 

8/3/23

8M: Día Internacional da Muller

 Para conmemorar o 8 de marzo, dende a biblio propúxose que cada clase investigara un chisco e elaborara un cartel sobre unha muller galega destacada, relacionada co ámbito dos obxectivos de desenvolvemento sostible que estamos a traballar este ano. 

Hoxe e mañá, todo o alumnado do cole estamos visitando a exposición situada na biblioteca. Deixámosvos algunhas fotos por aquí para que vexades o ben que quedou.









Día de Rosalía de Castro

 O pasado 23 de febreiro adicouse a Rosalía de Castro. Na biblio, algúns alumnos e alumnas buscaron información sobre ela e entre todas e todos obtivemos este vídeo no que nos contan varios aspectos da súa vida. 

Clicade na imaxe para poder ver o vídeo.



7/2/23

DÍA DA PAZ

 Para conmemorar o día da paz e a non violencia, Repepico recomendounos estas lecturas:










Ademais, os alumnos e alumnas de sexto deleitaron ao resto do cole cun recital de poesía no que lanzaron mensaxes claras cara o fin das guerras e o alzamento pola paz.
Foi un recital multilingüístico no que gozamos de poemas en galego, castelán, inglés e ucraíno.



Aproveitando que temos refuxiados de Ucraína no cole, dúas nais viñeron a contarnos de primeira man como están vivindo o conflicto a súa familia. Foi moi emotivo.

Unha experiencia para repetir!