O CAMIÑO DE SANTIAGO

19/6/22

VERÁN DE LECTURAS

 Xa ás portas do remate deste curso 2021-22, dende a biblio, Repepico non quere pasar sen recomendarvos unhas lecturas para estas longas semanas de vacacións.

Xa sabedes que hai tempo para xogar, descansar, desfrutar con familia e amigos... pero tamén para gozar dunha boa lectura.

Agardamos que vos gusten, e vémonos á volta rapaces! Bo verán!

Recomendacións lectoras para este verán

17/6/22

VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA

O xoves 16 de xuño, fixemos entrega dos diplomas  polo seu traballo ó noso voluntariado da biblioteca.

E como tarefa final, eles mesmos/as fixeron entrega a todo o alumnado participante nos retos de Repepico, do seu pasaporte e do agasallo da biblio.

Desfrutamos moito e tamén nos emocionamos!!

 



 O agasallo dos Retos de REPEPICO, estivo moi visible entre o alumnado e o profesorado que participou...




 



13/6/22

SOLUCIÓN Ó 5º E ÚLTIMO RETO

O alumnado tivo que indagar e navegar polo noso blog para coñecer a resposta.

E xa temos a solución ó último reto de REPEPICO deste curo.


 

1/6/22

TEATRO "TOUPICIENCIA"

O martes 31 de maio, tivemos a oportunidade de desfrutar grazas a nosa biblioteca da obra de teatro títulada "TOUPICIENCIA"

 





30/5/22

QUINTO E ÚLTIMO RETO DE REPEPICO

 

Imos a polo quinto e útimo reto de Repepico deste curso...

Busca no blog de Repepico da nosa biblioteca: 

¿En que data se publicou o primeiro reto de Repepico?




SOLUCIÓN Ó 4º RETO

Despois de buscar as etiquetas por todas as sección da biblioteca, xa temos a solución do reto número 4.



18/5/22

REPEPICO NON PARA... IMOS POR UN NOVO RETO

 Superado o terceiro reto, imos ver a solución...


Sen parar, imos a polo 4º reto que nos propón Repepico, desta vez temos que buscar moito pola biblioteca.... ¿seredes capaces de atopar os nomes d@s protagonistas dos libros que se agochan tras estas "etiquetas" para completar o encrucillado?



13/5/22

LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN


  O 17 de maio é o Día das letras Galegas, este ano dedicado a Florencio Manuel Delgado Gurriarán. O alumnado de 6º curso creou tres caricaturas do autor, para que o alumnado de Educación Infantil as pintase utilizando como inspiración o estilo Pop Art. Así quedaron estas bonitas obras... 



 



 

 

No expositor da biblioteca tedes a vosa disposición algúns libros sobre Florencio Manuel Delgado Gurriarán para que gocedes coa súa lectura. 

 

 

E si queredes seguir aprendendo máis, aquí tedes estes enlaces interesantes sobre Florencio Manuel Delgado Gurriarán.

                                   http://seminariogalan.org/

 

 

 

Tamén vos deixamos unha mostra dos marcapáxinas conmemorativos que se fixeron con motivo da celebración do Día das letras Galegas.

 

 


 

 

Por último, e para rematar a semana dedicándoa ás nosas Letras Galegas. Fixemos pescudas na casa sobre o tema da nosa PDI “a Navegación”, aportando en tarxetas: poemas, refráns, cancións, expresións, frases feitas, vocabulario… en galego e relacionado co tema de estudo. Con estas tarxetas, creamos unha exposición na entrada do colexio que logo formará parte da nosa biblioteca para poder desfrutar de todo o catálogo atopado. 

 


 

 


 

5/5/22

EXPLICAMOS OS XOGOS DA BILIO

 Os nosos voluntarios e voluntarias de 5º e 6º de primaria fixeron unha actividade que nos deu moito xogo, e nunca mellor dito.

Para traballar o texto instrutivo, fixeron uns vídeos explicando como empregar algúns dos xogos que temos na nosa zona de "crear" da biblioteca.

Tiveron que analizar as instrucións, elaborar e preparar o guión e logo, LUCES... CÁMARA E.... ACCIÓN!

Deixámosvos por aqui uns enlaces aos vídeos de cada grupo:


As instrucións de 5ºA - Virus, Diamoniak, Piratatak e Exploding Kittens

As instrucións de 5ºB - Robot Face Race

As instrucións de 6º - Dobble

Xogando ao Dobble


Agardamos que vos gusten e, A XOGAR!


2/5/22

LECTURAS COMPARTIDAS: APADRIÑAMENTOS LECTORES

Co motivo do día do libro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria acode xunto ós nenos/as dos cursos inferiores de 3º, 2º, 1º e Educación Infantil para compartir unha lectura. Cada alumno/a ou en parellas prepararon un texto, escollido anteriormente.

Estas lecturas leváronse a cabo fora da aula ordinaria para darlle un carácter lúdico, ademais creouse un clima de complicidade entre o alumnado, que mostrou actitudes e valores de colaboración, respecto, compañeirismo...







O alumnado de 6º de Educación Primaria creou un panel coas valoracións que fixeron os pequenos e pequenas desas lecturas compartidas.  






27/4/22

SUPERADO O 2º RETO ... IMOS A POLO 3º


Despois de moito indagar...  xa sabemos cales son os títulos dos libros favoritos de Repepico!

1. Harry Potter    2. Mortiña    3.Gerónimo Stilton    4. Zipi Zape    

5. A toupiña que sería saber quen lle fixera aquilo na cabeza    

6. Brancaneves    7. Os tres porquiños    8. Scooby Doo   

 9. Los futbolísimos



E como Repepico non para, deixounos un novo reto. 
Imos a polo terceiro! 
Seguro que adiviñades quen se agocha tralas sombras destas personaxes de libros.




25/4/22

A SEGUNDA VIDA DOS LIBROS

Con motivo da celebración do día do libro, quixemos agasallar a cada nena, neno e profe do cole cun libro.

Aproveitamos a ocasión para darlle así unha segunda vida aos libros do expurgo da biblioteca.

Ao longo desta mañá foron pasando a botar unha ollada e elixir o libro que máis lles gustase.

"Un libro é un agasallo que podes abrir unha e outra vez."













23/4/22

DÍA DO LIBRO

Co gallo da celebración do día do libro, realizamos o noso "BOOKFLIX de recomendacións lectoras".  

Cada aula elaborou unha pequena reseña dos seus libros preferidos para amosarlle ao resto dos cursos.

Esperamos que vos gusten e vos sexan útiles para próximas lecturas que vaiades a iniciar, pois xa sabedes que... 

"ler é soñar cos ollos abertos"




8/4/22

REINVENTANDO ESPAZOS

Tras valorar as demandas e necesidades do alumnado do centro a nosa biblioteca sufriu unha pequena reorganización de espazos, eso si, contando para elo co alumnado voluntariado de 5º e 6º de primaria.

Mirade que chula quedou!




Ademais, nalgunha destas novas zonas,  apareceron novas propostas para realizar entre todos os que visiten a biblioteca que unha vez conseguidas iranse cambiando e variando.