Este curso celebramos o Samaín dunha maneira moi cinematográfica.
Partindo do noso proxecto anual Luces....cámara...acción!bCada curso elaborou un tráiler terrorífico que proxectamos na biblio, preparada para la ocasión.
8/11/17
22/10/17
PROXECTO ANUAL
LUCES, CÁMARA ....ACCIÓN!!!
Este é o título do proxecto anual para o curso
2017 - 2018 promovido desde a biblioteca.
Ao longo do ano intentaremos coñecer máis
cousas sobre o audiovisual en xeral.
Na pestana "Luces, cámara, acción.." tedes moita máis información.
Na pestana "Luces, cámara, acción.." tedes moita máis información.
30/6/17
SEXTILIBROS
SEXTILIBROS
Un ano máis o alumnado de sexto xunto co seu profe Santi traballaron e escribiron os Sextilibros. Despois estiveron expostos na biblioteca para que todo o mundo os lese e votase polos que máis lles gustaron....e agora publicámolos aquí.10/1/17
ACTIVIDADES PRIMEIRO TRIMESTRE
CANTAS COUSAS FIXEMOS NESTE TRIMESTRE!!
Xa remataron as vacacións de Nadal! De volta no cole vouos contar algunhas cousas que fixemos no primeiro trimestre.
O primeiro que fixemos foi elaborar un grande mural dedicado ás nosas tradicións, o proxecto de traballo que imos levar ao longo deste curso.
Despois recibimos dúas visitas moi importantes:
A de Iago López, olímpico de vela e finalista no campionato do mundo na categoría de 49 er
A outra visita foi Iván Raña , campión de triatlon e na elite dos iron man
Uns días máis tarde a nosa biblioteca convertiuse nun lugar de terror!!!
Alí, despois de cruzar o túnel do terror fomos contar e representar os nosos medos.
Neste enlace podes ver moitas máis imaxes.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalexandrecadarso/node/1073
E chegou o Nadal...e tivemos o concerto dos nosos compañeiros que estudan no conservatorio
20/6/16
REVISTA ESCOLAR 2016
Xa temos aquí a revista !!!! mirade que marabillas de traballos fixeron este ano!!
2/6/16
AS AVENTURAS DE MAX JAKSON
Aquí tendes o traballo dos nenos e nenas de 3º A. Quixeron facer un libro como os de Jules Verne e non lles saíu nada mal!!!
25/5/16
SEXTILIBROS
Neste mesmo día, ao remate da actuación, Santi, axudado por Raúl, Uxía, Cristina e Aaron fixeron a presentación dos Sextilibros deste ano dándonos razóns para lelos e votalos:
Eu xa os lin todos. Estou impaciente por saber cales son os máis votados!!!!!
- Que eran moi interesantes
- Que os temas eran moi variados
- Que todos traballaran moito para conseguilos Sobre todo Santi!!!
Eu xa os lin todos. Estou impaciente por saber cales son os máis votados!!!!!
AQUÍ TENDES OS GAÑADORES!!!
PARABÉNS!!!!
Achegándonos a Manuel María
O día 3 de maio veu, da man do Consorcio Editorial, á nosa biblioteca Fiz, un home que nos achegou a poesía e os contos de Manuel María
Entre todos musicamos un poema e con Marco tocando a guitarra!!!!
Despois Fiz tocou a guitarra e todos e todas marcamos o ritmo e bailamos
16/4/16
CANTAS COUSAS FIXEMOS!!!
Botástesme de menos? A verdade e que estiven moi ocupado todo este tempo, pero vouvos contar algunhas cousas que estivemos facendo este curso.
E despois FESTA!!!!! Con Radio Nadal...non paramos nin un momento de bailar e saltar.
En xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ. Regalamos pombas, fixemos poemas......
Que medo pasamos no SAMAÍN!!! Encheuse a
biblioteca de bruxas, monstros, fantasmas, zombis... e puxéronse a facer apócemas
misteriosas........
No NADAL tivemos un concerto do alumnado do
noso cole que vai ao conservatorio
E despois FESTA!!!!! Con Radio Nadal...non paramos nin un momento de bailar e saltar.
De seguido preparamos o Entroido, tiñades que
ver a todo o alumnado do cole desfilando disfrazados segundo o libro que
estaban a traballar. E ata o propio Julio Verne apareceu ao final!!!
VINTE MIL LEGUAS DE VIAXE SUBMARINO
VIAXE AO CENTRO DA TERRA
A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS
DA TERRA Á LÚA
A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS
DA TERRA Á LÚA
Chegaba o tempo de celebrar O DÍA DA POESÍA, pero
como coincidía nas vacacións de Semana Santa, adiárono para o 8 de abril.
Este
ano os profes decidiron usar a tecnoloxía : os nenos e nenas recitaron
poemas, fixeron traballos e todo foi gravado coa tablet e presentado
así.
Mirade na pestana de DÍA DA POESÍA e veredes que cousas chulas fixeron.
Mirade na pestana de DÍA DA POESÍA e veredes que cousas chulas fixeron.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





































