Olaaaaaa, que amiguiños internautas? Xa sei que queriades verme de novo disfrazado, pois claro, para iso é o Entroido, aínda que eu son algo entroidiño todo o ano, pero bueno...
Como sabedes na Biblioteca estamos coas olimpíadas, e, como non, o disfrace ten que ir diso;
pero non de deportistas, non non, nós de gala, inaugurádoas, xa veredes que guapiños todos e todas.
E se queredes podedes vir, estades invitados ao noso desfile, e tamén á comilona que teremos para rematar ben esta festa.
Ánimo! todos/as o venres 17 de febreiro ao Entroido no colexio da Barquiña...
Pero sabede que durante esta semana tamén nos estamos divirtindo, sobre todo eu, que dou tódolos días unha orde, e ala! todos/as disfrazados coma min. Que guai estamos,de nadadores, ciclistas, boxeadores... xa iredes vendo amiguiños e amiguiñas.
Na piscina son o primeiro .
De ciclista... menuda bicicleta!!!
De boxeador...non se pode comigo!!!
Eeeee, de...bueno que ratiña!!!
15/2/12
15/12/11
NADAL 2011
Olaaaaaaaaaa, que guapo estou de papá Noel !!!
Bo Nadal amiguiños e amiguiñas.
O día 21, na miña Biblioteca (bueno, bueno...na de todos/as) digo miña porque vivo nela claro...pois como dicía o día 21, festa rachada, teatro dos nenos e nenas de 4º, programa especial de radio, (é especial porque en Nadal sempre se fai na Biblioteca), baile discotequero..en fin...impresionante, xa veredes!!!
E agora teño que poñerme maís formal para dicirlle aos vosos papás cal é o Decálogo dun bo lector, animádeos a que o lean, é moi moi importante...
DECÁLOGO PARA UNHA FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA
1. ANIMA á lectura incluso antes de que o
neno-a aprenda a ler.
2. CONTA contos aos nenos e nenas, recitalles rimas e poesías en
voz alta
2. LE libros, periódicos, revistas... para dar
exemplo .
4. ACOMPAÑA aos teus fillos-as a visitar exposicións, asiste a
funcións de títeres, teatro e outros espectáculos culturais
5. COMPARTE e comenta as lecturas.
6. DESFRUTA acompañando os teus fillos- as a lugares onde hai
libros: librerías, bibliotecas …Anímaos a acudir a biblioteca do
colexio e do pobo.
7. COIDA a biblioteca familiar e dedica un espazo para os libros
8. APRECIA e le con eles as publicacións
que se fagan no colexio.
9. LEMBRA que a compra dun libro non é nada
excepcional e que en datas sinaladas, non deben
de faltar. Considera o prezo dun libro como parte
da inversión na educación dos teus fillos-as.
10. VALORA ademais da lectura a importancia de compartir
programas de TV, películas, xogos ...Non te obsesiones con que
lean por riba de todas as cousas
BIBLIOTECA CEIP A. RODRÍGUEZ CADARSO A partir dunha idea do (Ceip Chano Piñeiro)
6/12/11
Tintín, de visita na Biblioteca...
Que ben! Teño a Tintín na Biblioteca gracias ós alumnos/as de francés do Instituto Virxe do Mar que nos prestaron os traballos que vedes na presentación. Desde aquí, gracias chavalotes, que ben traballades!!! (xa vos darán os profes unha boa nota, merecédela...
Un bicazo.
Un bicazo.
1/12/11
Que medo!!!
Uff! que medo con tantas cabazas terroríficas por toda a Biblioteca!
....E os contos que contaron os nenos!!! Que medo!!
Pero... eu tamén lles dei medo a eles co meu disfraz, que vos parece?
ATRÉVESTE A VER AS FOTOS??
....E os contos que contaron os nenos!!! Que medo!!
Pero... eu tamén lles dei medo a eles co meu disfraz, que vos parece?
ATRÉVESTE A VER AS FOTOS??
20/10/11
Saúdo
Ola! son Repepico, a mascota da biblioteca do CEIP Plurilingüe A. Rodríguez Cadarso, uf menudo nome, case me quedo sin respiración!!!
Menos mal que para os amigos somos o cole de A Barquiña!
Como vedes, son moi festeiro, e cada vez que podo, disfrázome...do que toque.
Por certo, se tendes algunha suxestión para este blog, podedes escribila na ventana branca que tendes nesta mesma páxina. Estarei encantado de estudiala. Un biquiño para todos e todas.
Repepico
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



