Suxestións de lecturas para conmemorar o 8 de marzo, día da muller. No expositor da biblioteca podedes atopar unha selección de contos. Pasade e animádevos a velas.
Desexamos que vos gusten!!!
Suxestións de lecturas para conmemorar o 8 de marzo, día da muller. No expositor da biblioteca podedes atopar unha selección de contos. Pasade e animádevos a velas.
Desexamos que vos gusten!!!
Hoxe na hora do recreo, o voluntario da biblioteca preparou un contacontos para expoñerlles ó resto de alumnado. Esta vez foi o alumnado de 6º que contaron "Os chibos chibóns".
Unha moi boa interpretación que deixou os espectadores con gañas de máis!
Hoxe luns 24 de Febreiro, para celebrar o día de Rosalía, tivemos ó grupo de teatro Paralada que veu interpretar "Seguro de enfermidade"
Tamén fixeron un recital de poemas da autora e remataron amenizando a xornada con música.
Repepico fixo unhas suxestións de lecturas para o 23 de febreiro, o día de Rosalía de Castro. Pasade pola biblioteca para velas.
Desexamos que gusten!!!
Presentamos as novas adquisicións de lectura para a nosa biblioteca que están a disposición do alumnado no carriño de novidades.
Celebramos o 30 de xaneiro confeccionando entre todo o alumnado do centro unha capa da paz. Partimos da lectura do conto "El abrigo de Pupa" e elaboramos os nosos retáis con imaxes e palabras que nos transmitiran paz. Unha vez que tivemos todos feitos fomos a biblioteca por cursos a coselos para formar esta fantástica capa.
Repepico fixo unhas suxestións de lecturas para o día da paz, pasade pola biblioteca para velas.
Desexamos que gusten!!
Comezamos este curso, con unha actividade dinamizadora que tivo éxito o curso pasado e queremos volver desfrutar: os contacontos.
Así foi como se anunciou o primeiro contacontos, ao que podía asistir quen estivese interesado/a, o martes 21 de Xaneiro en horario de recreo na nosa biblioteca.
Este grupo de voluntarios/as, prepararon e organizaron unha boa sesión de contacontos, añadindo os seus matices ó conto e unha grande dote de interpretación. Moitas grazas!!Atentos á nosa biblioteca, porque este foi o primeiro de moitos contacontos que se levarán a cabo...
O alumnado voluntariado de 6º de primaria renovando os libros dos niños de lectura do patio.
Que mellor que ler ao aire libre!
Dende a biblioteca do cole, compartimos as nosas recomendacións lectoras de Nadal, agardamos que vos sexan de utilidade e as disfrutedes.
Na nosa biblioteca, xa temos creado o espazo do PDI, nel poderedes atopar moita información para estudar e investigar sobre o noso Proxecto Documental Integrado: "PERDIDOS NO ESPAZO"