O CAMIÑO DE SANTIAGO

1/6/24

DERRADEIRO RETO DE REPEPICO!!!!

Neste mes de Maio apareceu o derradeiro reto de Repepico.

E como última proposta, Repepico convidounos a coñecer, empregar e construír cos Gigi Blocks!!


A nosa biblioteca segue apostando pola creatividade, a manipulación, experimentación,... e que mellor forma de facelo.... mercamos un novo material que espertou moita curiosidade e resultou moi moi atractivo para todo alumnado.

Dende os máis pequenos ata os maiores do colexio, non pararon de facer construcións, aquí algúns exemplos...

 





28/5/24

CONTACONTOS... "A FORTUNA DE BARTOLOMEU"

 O luns 27 de maio, tivemos outro contacontos na biblioteca...


Con atención e moitas risas, escoitamos a lectura e interpretación deste conto.


Grazas ós nosos voluntarios porque pasamos un rato moi moi divertido!!!


 

24/5/24

TALLER DE CHAPAS

 Comezou o taller de chapas!!

Durante dúas semanas na hora do recreo os nenos/as que voluntariamente se anotaron, foron á biblioteca para crear a súa chapa cunha palabra en Galego.


O taller tivo un gran éxito e crearon unhas chapas con palabras en galego bonitas, significativas, divertidas, raras,....  pero sobre todo moi creativas. E así de guap@s luciron!!










17/5/24

LETRAS GALEGAS 2024

Dende a biblioteca púxose a disposición de toda a comunidade educativa unha escolma de libros relacionados cou autora de estudo e homenaxeada este ano, así como outros das mulleres que se traballarían.


Levaronse a cabao diferentes actividades propostas polo equipo de dinamización da lingua e coa colaboración de todas as titorías, para traballar as nosas letras.

En educación infantil colaboraron na elaboración conxunta dun collage co retrato da autora homenaxeada este curso: Luísa Villalta.


En primaria fíxose un percorrido pola vida e obra das 6 mulleres homenaxeadas nas letras galegas ó longo da historia.


Creouse un marca-páxinas con todo o traballo do centro, para poder compartir con toda a comunidade educativa e incluso nas librarías do concello.


 

E para conmemorar esta celebración, o xoves 16 de maio, o alumnado de quinto de primaria deleitou ó resto de nenos/as do centro cun recital poético co que rendían homenaxe ás mulleres máis destacadas da nosa literatura. Entre os versos de Rosalía, Francisca, María, María Victoria, Xela e Luísa foron trazando unha liña do tempo en feminino na que non podía faltar a música, nesta ocasión en forma de cantigas da tradición popular galega.




30/4/24

SÉTIMO RETO... MES DO LIBRO

No mes de Abril apareceu o sétimo reto de Repepico.

E como era o mes adicada ó libro, Repepico propuxo un reto para formar parte dos nosos libros...


 

O noso alumnado ten moita imaxinación, ideas e creatividade... e grazas tamén a axuda das familias conseguimos superar o reto!!

Con todas as novas imaxes de libros creadas, fixemos un vídeo que podedes ver aquí





23/4/24

DÍA DO LIBRO- 23 DE ABRIL

Outro ano máis, como parte da celebración do 23 de abril día do libro, voltamos realizar a actividade dos "Apadriñamentos lectores"

O alumnado dos cursos superiores encargouse de lerlles libros ós máis pequenos do cole nos diferentes espazos do colexio.



Os maiores, ademais de preparar as lecturas con antelanción, tamén fixeron agasallos para os pequenos. Menuda emoción!! 


Queda moi claro, que esta actividade de animación á lectura pode seguir repetíndose, xa que tanto maiores como pequenos quedaron encantados...

Tamén nos damos conta que coa lectura compartimos, convivimos, incluímos, respectamos, cooperarmos,... así que, NUNCA DEIXEMOS DE LER!!!


22/4/24

CONTACONTOS... " LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA"

 Hoxe luns 22 de abril na hora do recreo, tivemos outro contacontos na nosa biblioteca...

 

 Grazas a dúas das nosas voluntarias, pola súa colaboración e por facernos desfrutrar do conto!!



Atentos ó próximo contacontos na nosa bilbio...



15/4/24

NOVIDADES!!

Máis novidades na nosa biblioteca!!

Xa están expostos gran variedade de libros de nova adquisión para as diferentes seccións da nosa biblioteca, cos que poderemos ter moita lectura.





11/4/24

TALLER DE LEGO

    Novo taller na nosa biblioteca...

 O  venres 5 de abril, comezou o taller de creación de lego.

Entre todos e todas imos tentar montar o mapa do mundo con máis de 11000 pezas antes de que remate o curso.

Todos os días na hora do recrero e na biblioteca do cole estará a disposición do alumnado que se anote e queira participar neste taller.

Aquí unha mostra da acción...


Os voluntarios/as sempre colaborando e axudando nas actividades que se propoñen!!

 

Seguro que entre todos/as o conseguimos!!!



2/4/24

SEXTO RETO DE REPEPICO

 No mes de Marzo apareceu o sexto reto de Repepico. 

Esta vez tocou resolver unha sopa de letras onde tiñamos que atopar os nomes dos xogos ou videoxogos que cada titoría elexiu para investigar e traballar este curso.

Tamén no daba unha pista... a que moit@s recorreron!!


Repepico atopunos todos, e vós??

Podedes comprobar a solución que xa está colgada no taboleiro e aquí mesmo.

Ah!! Xa podedes pasar a ver e resolver o sétimo reto....

23/3/24

PDI: OS XOGOS E VIDEOXOGOS

Como cada ano, dende o comezo de curso o Equipo de Biblioteca poñemos en marcha un novo proxecto xunto coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o de Actividades Complementarias e Extraescolares. Como ben sabedes, neste curso o noso PDI (Proxecto Documental de Centro) son os "XOGOS E VIDEOXOGOS"

Así dende o comezo de curso, cada titoría elixiu un xogo ou videoxogo para poder investigar diferentes aspectos do mesmo, como por exemplo: orixe, tipo de xogo, partes, números xogadores,  regras, variantes, curiosidades,...

Dende a nosa biblioteca seguimos apostando pola integración na vida do centro e polo traballo con diferentes tipos de textos, por iso, coa información recollida nas titorías sobre o PDI, propúxose o traballo do texto informativo plasmando nun cartel todo o que estudaron e aprenderon para poder mostrar a toda a comunidade educativa e co fin de enriquecernos todos e todas.

Se queredes ver como quedaron, podedes pasar pola nosa biblioteca, aquí unha mostra...














22/3/24

DÍA DA POESÍA

 Polo día da poesía...

O alumnado de 5º de primaria, xunto coa súa mestra de Galego, o mestre de música e un múscio da zona, prepararon un recitado de poemas de Rosalía de Castro, e  acompañados da guitarra visitaron o asilo público de Noia.

Alí fixeron un bonito recitado para as mulleres maiores que alí residen, ademais agasallaron a cada usuaria con uns paxariños feitos polos alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria do centro.

Aquí tedes o enlace con un vídeo do mesmo: https://youtu.be/NaUvorqTxxU?si=dyjz6mdTfy2CXxtn

Foi unha actividade moi positiva, que acolleron tanto o alumnado implicado como as destinatarias, con gran motivación.




18/3/24

CONTACONTOS... "A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERO AQUILO NA CABEZA"

 Hoxe luns, na hora do recrero, outro grupo de voluntarias na nosa biblioteca fixeron o contacontos para todos os nenos/as que quixeron asistir.

Contaron o conto: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" e para iso empregaron unhas personaxes moi especiais que facían unhas cacas particulares... menudas risas nos puidemos botar!!



 O próximo mes, outra contacontos con outra nova historia... así que moi atentos a nosa biblio!!


9/3/24

MULLERES QUE NOS IMPORTAN - 8M

 8 DE MARZO- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Grazas a colaboración das familias, cada titoría creou un cartel-composición coas mulleres importantes para os nenos e nenas, traballouse sobre o tema nas aulas e como homenaxe a todas esas mulleres, na biblioteca expuxemos todas as composicións.

 


 

Cada composición converteuse nun crebacabezas, para ilusión dos nenos e nenas que quedaron sorprendidos e cos que poderemos xogar  unha e outra vez.

 

Ademais fixemos unha selección de libros relacionados co tema que se colocaron no expositor da biblio a disposición de toda a comunidade educativa.


 

Sigamos traballando e concienciando para que todos os días sexan o día da muller e acadar esa igualdade real de xénero.