Aínda que este ano o 23 de abril (Día do Libro) foi un domingo, o venres 21 de abril, no cole volvemos a ter as lecturas compartidas. Isto é, os máis maiores do cole lémoslle un conto aos máis pequenos. Aínda que pola chuvia non poidemos disfrutar do exterior, enchemos cada recuncho da nosa escola de lecturas e sorrisos. Aquí vos queda unha pequena mostra dalgúns recunchos.
2/5/23
Taller de cubo de Rubik
Ola!
Este curso estamos vendo moitos cubos de Rubik polo noso cole, polo que o mes pasado realizouse algún taller de cubos de Rubik para que algúns compañeiros do cole ensinaran a outros.
Cada vez dásenos mellor!
26/4/23
Proyecto "economía circular" - Horto escolar
Boas compañeiros e compañeiras de Repepico.
Dentro do noso proyecto da biblioteca sobre a "economía circular", comenzamos a planificación e creación aun espazo adicado ó noso horto escolar.
1ª fase: Planificación e plantexamento.
O alumnado de 4º de E.P. junto co profesorado implicado no proxecto fixo un estudo das diferentes zonas do noso centro para poder ubicar o espazo que adicaremos ó horto en función de diversos factores como: composición do chan, luminosidade, orientación, acceso a auga e espazos dispoñibles. As zonas escollidas están a disposición do alumnado de E.I. e E.P. Coas seguintes medidas:
Agora toca continuar traballando para conquerir a posta en marcha desta actividade.
8/3/23
8M: Día Internacional da Muller
Para conmemorar o 8 de marzo, dende a biblio propúxose que cada clase investigara un chisco e elaborara un cartel sobre unha muller galega destacada, relacionada co ámbito dos obxectivos de desenvolvemento sostible que estamos a traballar este ano.
Hoxe e mañá, todo o alumnado do cole estamos visitando a exposición situada na biblioteca. Deixámosvos algunhas fotos por aquí para que vexades o ben que quedou.
Día de Rosalía de Castro
O pasado 23 de febreiro adicouse a Rosalía de Castro. Na biblio, algúns alumnos e alumnas buscaron información sobre ela e entre todas e todos obtivemos este vídeo no que nos contan varios aspectos da súa vida.
Clicade na imaxe para poder ver o vídeo.
7/2/23
DÍA DA PAZ
Para conmemorar o día da paz e a non violencia, Repepico recomendounos estas lecturas:
7/12/22
CIENCIA NA BIBLIO
Novembro foi o mes da ciencia, e na biblio de Repepico quixemos celebralo organizando uns talleres de experimentos que non puideron ter máis éxito entre grandes e pequenos.
Deixamos por aqui a proba con estas fotiños:























