O 17 de maio é o Día das letras Galegas, este ano
dedicado a Florencio Manuel Delgado Gurriarán. O alumnado de 6º curso creou
tres caricaturas do autor, para que o alumnado de Educación Infantil as pintase
utilizando como inspiración o estilo Pop Art. Así quedaron estas bonitas
obras...
No expositor da biblioteca tedes
a vosa disposición algúns libros sobre Florencio Manuel Delgado Gurriarán
para que gocedes coa súa lectura.
E si queredes seguir aprendendo
máis, aquí tedes estes enlaces interesantes sobre Florencio Manuel Delgado
Gurriarán.
http://seminariogalan.org/
Tamén vos deixamos unha mostra
dos marcapáxinas conmemorativos que se fixeron con motivo da celebración do Día
das letras Galegas.
Por último, e para rematar a
semana dedicándoa ás nosas Letras Galegas. Fixemos pescudas na casa sobre o
tema da nosa PDI “a Navegación”, aportando en tarxetas: poemas, refráns, cancións,
expresións, frases feitas, vocabulario… en galego e relacionado co tema de
estudo. Con estas tarxetas, creamos unha exposición na entrada do colexio que
logo formará parte da nosa biblioteca para poder desfrutar de todo o catálogo
atopado.