17/5/15
14/5/15
5/5/15
27/4/15
DA MAN DE ROSALÍA CHEGAMOS Á POESÍA
Canto traballan nesta biblio!!
Aínda non ben pasou o Entroido empezaron a pensar como celebrar o día de Rosalía de Castro e o Día da poesía. Despois de darlle moitas voltas decidiron empezar a traballar nas aulas sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro para rematar facendo un gran recital na biblioteca o Día da poesía. Ademais tivemos aportacións de outras persoas. Vouvos contar o que pasou:
O día 23 de marzo visitounos Rosalía de Castro!!!!...non en persoa! eran os membros do grupo de teatro "Paralada" de A Barquiña. Contáronnos moitas cousas da súa vida e recitáronos variso dos seus poemas.
Ao día seguinte tocoulle aos nenos e nenas do cole. Fixeron un montón de cousas: Recitaron, cantaron, e representaron....sempre pensando en Rosalía e na súa poesía.
Os nenos e nenas de infantil fixeron A Gaceta de Rosalía
Os de primeiro elaboraron este Telepoesía
E todos os demais alumnos e alumnas do cole recitaron cantaron e falaron de Rosalía de Castro.

16/3/15
Xa xa, moito tempo sen aparecer por aquí, pero estiven moi moi ocupado preparando os disfraces do entroido. Por certo foi unha festaza...tódolos nenos/as de romanos, indios, chinos, precolombinos...pasámolo moi moi ben, e despois do desfile coma sempre comemos os ricos postres típicos.
Para confirmar que todo que digo e verdade so tendes que ver as fotos que vos mostro nesta presentación.
6/10/14
Olaaaaa.., agora si que estou ben, pero ben ben, xa estaba aburrido de estar todo verán soliño nesta biblioteca tan grande.
Agora aquí estou rodeado de nenos e nenas que xa me van acompañar polo menos un tempiño.
Ademais, este curso, teño para que investiguen e traballen un tema moi interesante co que van a aprender moito pero tamén se van a divertir, " As grandes civilizacións" Que vos parece?
Pronto haberá actividade, empezarán a coller libros por aquí por alí, empezarán a encher todo isto de debuxos traballos,..en fin xusto o que eu quero...moito movemento o meu redor.
Ala a traballar todos/as...un bicazo
Repepico
27/6/14
26/6/14
24/4/14
Día do Libro
Ola amigos, menuda celebración do "Dia do libro". Estiven acompañadísimo na Biblioteca. Pasou todo o alumnado para escoitar a uns contacontos moi especiais. Sí, sí ! especialísimos porque nin máis nin menos que os nenos/as de 5º e 6º interpretando, diferentes contos clásicos...Caperucita roja, Los tres cerditos, Blancanieves e como non podía faltar ...El patito feo.
Pasamos un rato moi moi divertido- noraboa rapaces, esperamos que pronto nos animedes con novos contiños.
E para non esquecer este día, cada neno/a colleu un marcador onde recordamos a famosos escritores dos contos que tanto nos entreteñen dende hai anos.
Agora deste día xa só nos quedan os recordos e por suposto as fotos nas que vemos o divertido que foi este día.
Un saúdo
Repepico
"Los tres cerditos" on PhotoPeach

Alumnos e alumnas de 6º interpretando "Blancanieves"
"Los tres cerditos" on PhotoPeach
23/3/14
Suscribirse a:
Entradas (Atom)