O CAMIÑO DE SANTIAGO

16/3/15

Xa xa, moito tempo sen aparecer por aquí, pero estiven moi moi ocupado preparando os disfraces do entroido. Por certo foi unha festaza...tódolos nenos/as de romanos, indios, chinos, precolombinos...pasámolo moi moi ben, e despois do desfile coma sempre comemos os ricos postres típicos. Para confirmar que todo que digo e verdade so tendes que ver as fotos que vos mostro nesta presentación.

6/10/14

Olaaaaa.., agora si que estou ben, pero ben ben, xa estaba aburrido de estar todo verán soliño nesta biblioteca tan grande.
Agora aquí estou rodeado de nenos e nenas que xa me van acompañar polo menos un tempiño.
Ademais, este curso, teño para que investiguen e traballen un tema moi interesante co que van a aprender moito pero tamén se van a divertir, " As grandes civilizacións" Que vos parece?
Pronto haberá actividade, empezarán a coller libros por aquí por alí, empezarán a encher todo isto de debuxos traballos,..en fin xusto o que eu quero...moito movemento o meu redor.
Ala a traballar todos/as...un bicazo

Repepico

24/4/14

Día do Libro

Ola amigos, menuda celebración do "Dia do libro". Estiven acompañadísimo na Biblioteca. Pasou todo o alumnado para escoitar a uns contacontos moi especiais. Sí, sí ! especialísimos porque nin máis nin menos que os nenos/as de 5º e 6º interpretando, diferentes contos clásicos...Caperucita roja, Los tres cerditos, Blancanieves e como non podía faltar ...El patito feo. 
Pasamos un rato moi moi divertido- noraboa rapaces, esperamos que pronto nos animedes con novos contiños.
E para non esquecer este día, cada neno/a colleu un marcador onde recordamos a famosos escritores dos contos que tanto nos entreteñen dende hai  anos.
Agora deste día xa só nos quedan os recordos e por suposto as fotos nas que vemos o divertido que foi este día.
Un saúdo
Repepico 

Alumnos e alumnas de 6º interpretando "Blancanieves"




"Los tres cerditos" on PhotoPeach





23/3/14

21 DE MARZO...DÍA DA POESÍA

Ola amiguiños,
aquí estou con vós
para adicarvos uns poemas
que con moita alegría
no día da poesía
o noso alumnado
creou con agrado.
                 Repepico







21 de marzo-Día da Poesía on PhotoPeach Poesía... on PhotoPeach
DÍA DA MULLER

14/3/14

Na Biblioteca do cole tivemos unha encantadora visita. Viñeron Anxo Moure e a súa amiga Xacia Luviña. Entre os dous ensináronnos a pescar e cociñar contos, ademais de coidar a natureza e manter limpos os ríos e as fragas.

21/11/13

Olaaaa! Uf, pensei que se olvidaban de min. Por fin, aquí estou e moi metido xa na faena. Este curso vai de contos, si si, contos clásicos, e aquí a miña dereita podedes xogar adiviñando que contos representan estes debuxos, eu xa sei todos pero non o digo...
Espérovos na Biblioteca ímolo pasar moi ben.

27/6/13

FIN DE CURSO

Mirade que guapo estou
E non paramos.....
Neste último trimestre estivemos facendo montóns de cousas! Esto foi un sin parar! Menos mal que xa veñen as vacacións....
E  que ata o último día esta biblioteca estivo ocupadísima. Tivemos teatro, concerto e festa..









Se queredes ver máis fotos, ide á galeriía da páxina do cole