O CAMIÑO DE SANTIAGO

3/2/13

ENTROIDO NO COLEXIO


Luns:
 Se enfeitizado queres estar,
          a cara terás que pintar.
 Martes: 
Para parecer Aladín
             trae na cabeza un calcetín
Mércores:
 Para vir de pitonisa Lola
                trae pañoleta e saia, verá como mola
Xoves:
 Como o entroido está a chegar
              lixeiriño un disfraz has de buscar
E por fin o gran día... menudo desfile!!!
 

FINA CASALDERREY




     FINA CASALDERREY NA REAL ACADEMIA GALEGA


                        


A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. 
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!



Ola, aquí estou con esta xigante árbore de nadal feita con tódalas postais que fixeron os nosos alumnos/as. En cada unha hai unha bonita mensaxe de felicitación, e por suposto tamén está a miña, non ía faltar!!!
Agora dareivos unhas recomendacións para que disfrutes de interesantes lecturas estas vacacións...


CELSO EMILIO FERREIRO ( Celanova 1912-1979 Vigo) 

DEITADO FRENTE AO MAR 
 Lingoa proletaria do meu pobo
 eu fáloa porque sí, porque me gosta, 
porque me peta e quero e dame a gaña 
porque me sai de dentro, alá do fondo 
dunha tristura aceda que me abrangue
 ao ver tantos patufos desleigados, 
pequenos mequetrefes sen raíces
 que ao pór a garabata xa non saben
 afirmarse no amor dos devanceiros
, falar a fala nai, 
a fala dos abós que temos mortos,
 e ser, co rostro erguido, 
mariñeiros, labregos da lingoaxe,
 remo i arado, proa e rella sempre.
 Eu fáloa porque sí, porque me gosta 
e quero estar cos meus, coa xente miña, 
perto dos homes bos que sofren longo
 unha historia contada noutra lingoa. 
Non falo pra os soberbios,
 non falo pra os ruís e poderosos, 
non falo pra os finchados, 
non falo pra os estúpidos, 
non falo pra os valeiros, 
que falo pra os que agoantan rexamente 
mentiras e inxusticias de cotío;
 pra os que súan e choran 
un pranto cotidián de volvoretas, 
de lume e vento sobre os ollos núos.
 Eu non podo arredar as miñas verbas
 de tódolos que sofren neste mundo. 
 E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas
deitada frente ao mar, ise camiño.

O CEIP Plurilingüe "Alexandre Rodríguez Cadarso", sumase a celebración dos cen anos do nacemento do poeta celanovés que celebrase neste ano 2012. Dende o noso Centro quérese contribuír a difundir o seu extraordinario legado. Así dentro da actividade da radio do centro, lerase o poema "Deitado frente ao mar".

22/11/12

Olaaaaaaaa...amguiños e amiguiñas. Xa xa, eu sei que tardei moito en aparecer, perooo e que estiven moi moi ocupado. Non vedes que estou todo disfrazado, claro e o que estades pensando, tivemos na biblio o Samaín eeee que medo, para entrar un túnel terrorífico, dentro cabazas aterradoras, nenos e nenas contando contos de moito moito medo. Queredes ver as caras que tiñan? Pois aquí deixo unhas fotiños. Ata outra amiguiños.

4/10/12

Olaaaaaaaaa!!!
Uf, xa me tardaba en empezar o curso.
Bueno amiguiños e amiguiñas, xa sabedes quen son, claro, claro, Repepico, a conocidísima mascota da Biblioteca, ja ja, son pouco presumido!!!
Ben, agora en serio, empezamos xa con moitas ideas nas cabeciñas deste profes que non paran. Moi pronto vos poderei dicir que tema escolleron este ano para as actividades da nosa Biblioteca.
Seguro que como tódolos anos será interesante e divertida e contaremos coa colaboración de todos e todas.
Así que, benvidos o curso 2012-2013, e a coller  enerxías para facer moitos traballos interesantes.
Eu estou desexando que haxa  movemento, que estou canso de tanta tranquilidade do verán.
Ata moi pronto.

29/6/12

VACACIÓNS!!





Os alumnos e alumnas de sexto de Primaria e de sexto de Infantil xa se graduaron. Xa tivemos a festa de fin de curso e agora...A PASALO BEN NO VERÁN!!

EXPOSICIÓN PICASSO
Estamos a rematar o curso, pero neste cole seguimos traballo. Agora na biblio temos unha exposición de obras de arte feitas polos nenos e nenas do cole. Mirade que marabilla!!!









 

28/5/12

Ola, estaredes pensando que me olvidei de aparecer por aquí, pero de iso nada, o que pasa é que estiven moi ocupado coas Olimpíadas do Saber.
Xa vos contei que cada semana hai que contestar a tres preguntas, eu como as sei todas xa me subín o podio, ja ja estou guapo?

26/4/12


Contacontos
Como podedes ver nas fotos están todos pasmadiños escoitanto a este contacontos.
 Que lles contará?

17/4/12

OLIMPÍADAS DO SABER


 Xa quinto día contestando de novo o 2º Ciclo a...Cantos anos hai que se celebraon as Olimpíadas en España?

Cuarto día,eee seguimos. Agora de novo o alumnado de 3º Ciclo contesta...Que premio recibiu Koreibos de Elida, o gañador das primeiras Olimpíadas?

 Terceiro día "Olimpíada do saber", o alumnado de 2º Ciclo responde a pregunta...Que premio recibiu Koreibos de Elida, o gañador das primeiras Olipíadas?



 Segundo día de pregunta e esta vez responde o alumnado de 1º Ciclo a...En que país se celebraron as Olimpíadas despois de 1988?






Impacientes? Pois xa empezamos hoxe. Con que? Pois coa olimpíada do saber na Biblioteca, por iso estou como vedes de campión...
Agora voume por serio para exolicarvos de que vai isto.
Queremos quesaibades moito sobre os xogos olímpicos, e así cada semana faremos unha pregunta, hoxe por exemplo aos de terceiro ciclo tocoulles contestar a...Cando comezaron os primeiros xogos olímpicos?, e rapidamente empezaron a contestar os de 5º e 6º por equipos.
Veremos mañá que tal o fixeron.
Comprendechedes? Cada día unha pregunta...e a contestar.
Aquí están nesta foto un dos equipos respondendo todos contentos pensando que acertaron.
Xa veremos...

OLA AMIGOS E AMIGAS!

ESTADES PREPARADOS???

ESTADES LISTOS???

EMPEZA A CONTA ATRÁS!!!

13/4/12

DÍA DA POESÍA
Ola amigos e amigas! Aínda que un pouco tarde quérovos contar o que fixemos o día 21 de marzo na nosa biblioteca: celebramos o Día da poesía pensando especialmente nas  mulleres que fixeron poesía. Para esto decoramos a biblioteca, recitamos poemas e regalamos tarxetas con poesías aos nosos compañeiros e compañeiras.
Aquí déixovos unha mostra do feito, pero se queredes ver máis fotos, ide a galería da nosa web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipalexandrecadarso/galeria/