Outro ano máis, e como parte das actividades realizadas coa celebración do 23 de abril día do libro, voltamos a realizar a actividade dos apadrinamentos lectores.
Nesta actividade o alumnado dos cursos superiores convertíronse en padriños e madriñas por un día para compartir cos máis pequenos do cole un rato moi especial léndolles un conto.
O alumnado dos cursos máis altos de E.P. busca un sitio na aula, no corredor, no patio,... para ler o conto que quiere compartir.
Non importaba onde, o importante era... estar a gusto e pasar un bo rato!
Ademais houbo quen agasallou ós seus afillados e afilladas cuns maracapáxinas persoalizados, feitos con moito agarimo. Que contentos ficaram os máis cativos con tanta atención!!!!
Dar por seguro que esta actividade de animación á lectura repetirase para o vindeiro curso, xa que tanto maiores como pequenos quedaron encantados, uns pola responsabilidade adquirida e outros polos mimos recibidos.
Isto apreciase nas súas caras todo emoción, nerviosismo, satisfacción e ledicia, ... Así que, lembrade LER DACHE MAIS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario