David da editorial Anaia comparteu varios contiños da súa autoría co alumnado de 1º ciclo do centro.
Estiveron ben divertidos!
David da editorial Anaia comparteu varios contiños da súa autoría co alumnado de 1º ciclo do centro.
Estiveron ben divertidos!
Dúas mamás de alumnado do centro, Hayat e Wafaa, pasaron unha mañán cos diferentes cursos facendo tatuaxes de henna ao alumnado e profesorado e contándonos curiosidades da súa cultura marroquí.Tamén trouxeron postres típicos de Marruecos e un té que estaba delicioso.
Grazas Hayat e Wafaa por achegarnos á vosa cultura e por compartir un intre ben divertido con nos.
O día 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía cun recitado e dramatización dos poemas máis simbólicos da escritora a cargo do alumnado voluntariado da biblioteca, de mestres do centro e da Asociación cultural do Campo de Carracido.