O CAMIÑO DE SANTIAGO

27/10/25

24 de outubro: Día das Bibliotecas Escolares.

 


Para conmemorar este día o equipo de biblio do noso centro realizou un pequeno entremés titulado: "Voltas e reviravoltas arredor da biblioteca". 

As risas estiveron aseguradas :)

Mochilas viaxeiras en marcha!

 

Xa están en marcha as mochilas viaxeiras deste curso para visitar as casas do noso alumnado.

Desfrutádeas moito!.

Mochilas viaxeiras# lecturas en familia<# ler mola!

Coñecendo o funcionamento da biblio do cole.

 


Nestes primeiros días, cando a biblio comeza a dinamizarse, é moi importante a formación de usuarios, recordando ao alumnado experto e formando aos máis peques do cole.#formacióndeusuarios#bibliotecasescolares.

16/10/25

Lecturas terroríficas na biblio Repepico.

 Xa chega a celebración máis terrorífica do ano, e para pasalo de medo....unhas lecturas moi apetitosas na nosa Biblio Repepico.





Lecturas de outono

 Ola a tod@s de novo, deixamos por aqui unhas lecturas de outono, que podedes atopar na nosa biblio, para estes días nos que xa se  empeza a sentir esta nova estación.