O CAMIÑO DE SANTIAGO

27/2/25

CONTACONTOS..." CHIBOS CHIBÓNS"

Hoxe na hora do recreo, o  voluntario da biblioteca preparou un contacontos para expoñerlles ó resto de alumnado. Esta vez foi o alumnado de 6º que contaron "Os chibos chibóns".

Unha moi boa interpretación que deixou os espectadores con gañas de máis!





24/2/25

"ROSALÍA" CO GRUPO DE TEATRO PARALADA

Hoxe luns 24 de Febreiro, para celebrar o día de Rosalía, tivemos ó grupo de teatro Paralada que veu interpretar "Seguro de enfermidade"

Tamén fixeron un recital de poemas da autora e remataron amenizando a xornada con música. 





21/2/25

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Repepico fixo unhas suxestións de lecturas para o 23 de febreiro, o día de Rosalía de Castro. Pasade pola biblioteca para velas.

Desexamos que gusten!!!


13/2/25

RETO DE REPEPICO

O alumnado que asiste á biblioteca na hora do recreo tiña un novo reto: construír un puzzle.  Este mércores conseguiron rematar o puzzle así que... reto superado!!!

E como non, recibiron o seu agasallo polo traballo realizado.

Agardaremos o seguinte!











7/2/25

NOVIDADES LECTORAS

 Presentamos as novas adquisicións de lectura para a nosa biblioteca que están a disposición do alumnado no carriño de novidades.




3/2/25

DÍA DA PAZ

Celebramos o 30 de xaneiro confeccionando entre todo o alumnado do centro unha capa da paz. Partimos da lectura do conto "El abrigo de Pupa" e elaboramos os nosos retáis con imaxes e palabras que nos transmitiran paz. Unha vez que tivemos todos feitos fomos a biblioteca por cursos a coselos para formar esta fantástica capa.