O CAMIÑO DE SANTIAGO

17/12/24

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

 Dende a biblioteca do cole, compartimos as nosas recomendacións lectoras de Nadal, agardamos que vos sexan de utilidade e as disfrutedes.



11/12/24

ESPAZO DO PDI

Na nosa biblioteca, xa temos creado o espazo do PDI, nel poderedes atopar moita información para estudar e investigar sobre o noso Proxecto Documental Integrado: "PERDIDOS NO ESPAZO"




25/11/24

TALLER DE LEGO

Retomamos o taller de lego!!!

O curso pasado intentamos montar o mapa do mundo con máis de 11000 pezas, pero o remate do curso impediuno, este curso poderemos conseguilo??

Todos os días na hora do recreo e na biblioteca, estará a disposición do alumnado que se anote e queira participar neste taller.





UN UNIVERSO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Despois do traballo sobre o tema da non violencia nas aulas e relacionando co noso PDI, dende as titorías creáronse os planetas e un satélite imaxinados que puideran desfacer a violencia de xénero.

Para conmemorar o 25N, fíxose unha exposición na biblioteca recreando un universo contra a violencia de xénero.

Por grupos, visitamos a exposición e reflexionamos!





21/11/24

CIENCIA NA BIBLIO

Algúns dos nosos/as voluntarios/as fixeron un traballo de estudo e investigación para preparar un día de ciencia na nosa biblioteca.

Prepararon un cartel para anunciar e convidar a todos/as...


O día 21 na hora do recreo, estaban preparados/as para explicar o seu traballo e expoñer os experimentos como bos científicos/as, ante un público moi participativo.






18/11/24

SUXESTIÓNS DE LECTURA PARA O 25-N

REPEPICO, deixou na nosa biblioteca unhas suxestións de lecturas para traballar o 25 de Novembro, día contra a violencia de xénero.

Están a disposición de toda a comunidade educativa no moble expositor da entrada da nosa biblio e podedes velos aquí...




7/11/24

RETO DE REPEPICO

Repepico volve cos seus retos...

Neste mes de Novembro, ven con moita gana de facer ciencia!! Por iso nos propón o seguinte reto

Quen será capaz de resolvelo??

1/11/24

SAMAÍN 2024

 Neste Samaín...

Despois de pasar o túnel do terror, atopamos a nosa biblioteca moi terrorífica

 Alí dentro,  puidemos destrutar dunhas lecturas compartidas. 

O alumnado de 5º de primaria deleitou ós máis pequenos coa lectura e representación dos contos: A bruxa regañadentes e O Papón

E o alumnado de 6º de primaria facía a lectura e representación de contos como: Carabuñas, Gato Guille e os monstros ou O Samaín para os nenos/as maiores.




 


24/10/24

MOCHILAS VIAXEIRAS

Para conmemorar o día das bibliotecas, comezamos coas mochilas viaxeiras, que sairon da biblioteca de mans das nosas voluntarias para repartilas polas clases.

Van cargadas de lecturas moi interesantes.

 Boa viaxe!!





DÍA DAS BIBLIOTECAS- 24 DE OUTUBRO DE 2024

¿Queredes saber como é a nosa biblioteca? ¿cando podemos ir a ela?...

Algúns dos nos@s axudantes colaboraron moi activamente para explicar como é a nosa biblioteca, así creamos este vídeo explicativo: https://youtu.be/pb2UctYriK0?si=ZtncD7yCjJ8NNe4W

E para conmemorar o día das bibliotecas, compartimos o vídeo con toda a comunidade educativa.

Feliz día das bibliotecas!!

15/10/24

DÍA DAS ESCRITORAS

 Dende a nosa biblioteca tamén queremos dar visibilidade as nosas escritoras galegas, por iso fixemos unha pequena exposición de libros relacionados.


Ademais, algunhas alumnas aportaron o seu gran de area e despois da lectura destas biografías, fixeron unha caricatura destas mulleres. 



11/10/24

FORMACIÓN DE USUARIOS

Despois da formación do profesorado, toca o turno ó alumnado.

Neste mes de Outubro, o equipo de biblioteca  en diferentes sesións lectivas, está levando a cabo a formación de usuarios por titorías. 

 

 
 

Entre todos/as, podemos facer que a nosa biblioteca funcione ben!!


1/10/24

NOVO CURSO 2024-2025

A nosa biblioteca xa está funcionando!!

Recordade que tamén podedes vir polas tardes en horario de 16:30 a 18:30, agás os martes que só será de 16:30 a 17:00.

Abrimos as portas a un novo curso cheo de experiencias e lecturas...

 

 






20/6/24

OS NOSOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS

Para dar as grazas os nosos voluntarios e voluntarias da biblioteca pola gran labor que realizaron neste curso, fixemos entrega duns agasallos: a mochila do voluntariado e a chapa de Repepico, para que nunca esquezan a nosa biblio.




19/6/24

AGASALLOS DE REPEPICO!!

 Para rematar cos retos de Repepico...

Os nenos/as que participaron en tres ou máis retos dos oito que propuxo Repepico durante este curso, tiveron un agasallo: un pequeno xogo para poder desenvolver o seu inxenio e lóxica.


Grazas pola boa acollida e participación!!


18/6/24

O LIBRO QUE MÁIS GUSTOU...

O noso voluntariado quería saber cal era o libro que máis gustou deste curso, entón propuxeron unha dinamización.... 

Coa predisposición e colaboración que os caracteriza, comezaron creando o cartel para recoller a información


E conseguiron recoller a información


Vendo que "Los futbolísimos" foi o libro elixido.




1/6/24

DERRADEIRO RETO DE REPEPICO!!!!

Neste mes de Maio apareceu o derradeiro reto de Repepico.

E como última proposta, Repepico convidounos a coñecer, empregar e construír cos Gigi Blocks!!


A nosa biblioteca segue apostando pola creatividade, a manipulación, experimentación,... e que mellor forma de facelo.... mercamos un novo material que espertou moita curiosidade e resultou moi moi atractivo para todo alumnado.

Dende os máis pequenos ata os maiores do colexio, non pararon de facer construcións, aquí algúns exemplos...

 





28/5/24

CONTACONTOS... "A FORTUNA DE BARTOLOMEU"

 O luns 27 de maio, tivemos outro contacontos na biblioteca...


Con atención e moitas risas, escoitamos a lectura e interpretación deste conto.


Grazas ós nosos voluntarios porque pasamos un rato moi moi divertido!!!