Aquí tedes as nosas recomendacións para este Nadal.
30/12/18
26/6/18
Despedida de curso
Despedimos o curso con todos os nosos voluntarios na biblio.
PASÁDEO BEN NO VERÁN !!!
VÉMONOS EN SETEMBRO!!!
7/6/18
AUDIOVISUAIS
Como remate do proxecto anual da biblioteca "Luces, cámara, acción" cada curso elaborou unha produción audiovisual.
Aqui as tedes todas. Disfrutade do traballo ben feito!
3/6/18
SEXTILIBROS
Igual que en anos antriores o alumnado de 6º publicou os Sextilibros.
Una vez lidos e valorados, aquí temos os gañadores;
Una vez lidos e valorados, aquí temos os gañadores;
1º premio:
A miña vida, o surf, de Mateo
2º premio
Doces soños, Carlota
3º premio
A casa encantada, de Antón
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
LETRAS GALEGAS
µ
Contamos tamén, como todos os anos, coa actuación de
Serafín Marcos que nos veu presentar a Mª Victoria contándonos detalles moi
interesantes da súa vida e obra.
SERAFIN on PhotoPeach
LETRAS GALEGAS
Realizamos diferentes actividades para
conmemorar esta data tan importante.
µ
En primeiro lugar colocamos na
entrada do colexio un mural coa imaxe de Mª Victoria Moreno lendo un libro.
µ
Apadriñamentos lectores: Por
primeira vez levamos a cabo os padriñamentos lectores, emparellando cursos da
seguinte maneira:
Ø Alumnado de 5º e 6º de primaria co alumnado de E. Infantil
Ø Alumnado de 4º de primaria co alumnado de 2º curso
Ø Alumnado de 3º de primaria co alumnado de 1º curso.
O alumnado dos cursos superiores levou unha
invitación aos seus posibles afillados lectores preguntándolles se querían ser
os seus afillados lectores, os pequenos responderon e o día indicado os maiores
foron buscar aos seus afillados lectores, saíron ao patio con eles e léronlles
o libro que previamente escolleran e prepararan nas aulas.
A experiencia resultou moi satisfactoria para
todas e todos.
Apadriñamentos terceiro on PhotoPeach
Apadriñamentos cuarto on PhotoPeach
apadriñamento 5ºA on PhotoPeach
Apdriñamentos 6º A on PhotoPeach
Apadriñamentos 6ºB on PhotoPeach Apadriñamentos 5ºB Infantil D on PhotoPeach
Carteis día da muller
Para conmemorar este día nas aulas traballouse
o tema de “As nosas Heroínas”. Pedíuselle aos nenos e nenas que pensaran en quen
eran as súas heroínas, mulleres importantes na súas vidas e por que nas peículas
os heroes son case sempre homes. Con isto elaboráronse murais que pasaron a
decorar a nosa biblioteca.
DÍA DE ROSALÍA
Celebramos o día de Rosalía cunha actuación dos voluntarios de sexto da biblioteca que prepararon un
recitado de poemas de Rosalía para o alumnado de E. Infantil do centro. Rematamos cantando co profe Santi "O moucho" de Rosalía de Castro, musicada por Pablo Díaz. O alumnado de
5º A rapeou “ Adios ríos, adios fontes.”
Rematamos o acto cantando todos co profe Santi
Suscribirse a:
Entradas (Atom)