O BLOG DE REPEPICO
2/1/26
Obradoiro adornos de Nadal
Durante as semanas previas ao Nadal o alumnado, que se anotou neste obradoiro, pudo disfrutar na biblioteca do centro con esta actividade de creación de adornos de Nadal con pasta de modelar e o seu decorado.
Quedaron uns adornos chulisimos!
2/11/25
Obradoiro de cómic con Fon Barreiro.
A pasada semana o alumnado de 5º e 6º de educación primaria
( alumnado colaborador da biblio do centro) puido desfrutar dun divertido obradoioro de cómic co ilustrador noiés Fon Barreiro.
O alumnado pasou un intre ben entretido creando os seus debuxos e viñetas.
Este Obradoiro foi froito dun galardón que se recibeu na Modalidade de Experiencias de Voluntariado colaborador na biblio do centro dentro do Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias.
27/10/25
24 de outubro: Día das Bibliotecas Escolares.
As risas estiveron aseguradas :)
Mochilas viaxeiras en marcha!
Xa están en marcha as mochilas viaxeiras deste curso para visitar as casas do noso alumnado.
Desfrutádeas moito!.
Mochilas viaxeiras# lecturas en familia<# ler mola!
Coñecendo o funcionamento da biblio do cole.
Nestes primeiros días, cando a biblio comeza a dinamizarse, é moi importante a formación de usuarios, recordando ao alumnado experto e formando aos máis peques do cole.#formacióndeusuarios#bibliotecasescolares.
16/10/25
Lecturas terroríficas na biblio Repepico.
Xa chega a celebración máis terrorífica do ano, e para pasalo de medo....unhas lecturas moi apetitosas na nosa Biblio Repepico.
Lecturas de outono
Ola a tod@s de novo, deixamos por aqui unhas lecturas de outono, que podedes atopar na nosa biblio, para estes días nos que xa se empeza a sentir esta nova estación.
20/6/25
19/6/25
VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA
Para dar as grazas os nosos voluntarios e voluntarias da biblioteca pola colaboración que realizaron neste curso, fixemos entrega do seus diplomas.
Tamén fixemos entrega dun pequeno agasallo, para as nenas e a mestra que máis participaron no taller de lego, pois conseguiron rematalo!!
13/6/25
INSTALACIÓN ARTÍSTICA ESPACIAL
Na biblioteca creamos unha instalación artística sobre o espazo e desfrutamos: tocando, sentindo, manipulando, experimentando, construíndo e xogando moito!!
26/5/25
TALLER ARXILA
Dende a biblioteca organizamos diferentes talleres de arxila.
O alumnado podía anotarse para participar de forma voluntaria e durante varias sesións na hora do recreo, levouse a cabo durante 3 semanas nas que se organizaron por grupos de idade e nivel e tivo moita participación.
21/5/25
TEATRO POLAS LETRAS GALEGAS
Na biblioteca asistimos ó teatro sobre as Letras Galegas que prepararon os nenos e nenas de terceiro e cuatro de primaria, para todo o alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de primaria.
Tamén interpretaron con música e son da pandeireta diferentes cantigas galegas.
19/5/25
COMPOSICIÓN POLAS LETRAS GALEGAS
Despois do bosquexo que fixo o alumnado de sexto de educación primaria, as aulas educación infantil decoraron a imaxe e compuxeron un bonito collage polo día das letras galegas.

















