O CAMIÑO DE SANTIAGO

21/6/26

Recomendacións lectoras para un verán de aventuras!

 



Por aqui deixamos unhas recomendacións lectoras para vivir un verán de aventuras.
Dende o equipo de biblioteca desexámosvos un bo verán e que disfrutedes moito!


Parabéns Smahan Essaidi por ese 1º premio de microrelato!

                                      

A alumna Smahan Essaidi de 5º de educación primaria ven de gañar o 1º premio na categoría infantil na IX edición do concurso de microrelatos organizados pola Real Academia Galega (RAG).

O relato premiado titúlase " Bo proveito" e integra costumes gastronómicas tanto da cultura galega como da marroquí cun chisco de retranca galega.

Non podemos estar máis orgullosos/as do teu talento e amor pola nosa lingua.

Parabéns Smahan!