O CAMIÑO DE SANTIAGO

25/10/23

DÍA DAS BIBLIOTECAS- 24 DE OUTUBRO

Dende a nosa biblio conmemoramos o día das bibliotecas, agasallando ó alumnado cun libro que podían escoller das estanterías postas nos corredores dos edificios e ADOPTAR para sempre.

Ademais os nosos voluntarios fixeron un traballo sobre varias das bibliotecas máis importantes do mundo que se proxectará nas aulas para ensinarlla ó resto do alumnado.

Feliz día das bibliotecas!!








11/10/23

NIDOS DE LECTURA

 Esta semana comezamos cos "Nidos de lectura" nos patios.

Os colaboradores da biblioteca fixeron a escolla e colocación dos libros e xogos para os nidos repartidos polo patio de infantil e primaria, para poder desfrutar así da lectura ó aire libre durante o tempo de lecer.

Irán cambiando e repoñendo cada certo tempo pois, sobre todo no patio de infantil, tivo un gran éxito!!!